Hoxe a noticia da catalogación da fortaleza da Torre dos Mouros publícase en La Voz…
Repúblicas de Homes Libres
Esta pendurado dos ventos do nordés da Costa da Morte, e é un dos recintos arqueolóxicos máis grandes de todo este litoral abrupto. Ata agora, estaba sen catalogar. Subimos entre ventos ata a Torre dos Mouros. E ficamos abraiados.

Mota de O Cubelo (Tabeirós, A Estrada)
Cando o outro día visitamos a mota de O Cubelo, en Tabeirós (A Estrada) e identificamos o pequeno espazo fortificado, que case parecía de manual, un de nós exclamou expresivamente, con sorna.
-Vai ser que en Galicia hai destas a fodelas.
En Galicia é frecuente facer xeneralizacións ao redor dos temas que se descoñecen, nos que se descartan a existencia de tipos de xacementos arqueolóxicos simplemente porque non se teñen atopado ou publicado. Un deles é con respecto á existencia de motas -fortificacións altomedievais terreiras construídas ao redor dun montículo principal-: sempre se afirmou que a súa presenza era mínima en Galicia. Desde hai dous anos, estamos identificando algunhas destas fortificacións altomedievais. Non só existen, senón que son máis abundantes do que pensamos e nos colocan en interesantísimos problemas metodolóxicos ao redor da súa función. Un caso é esta mota do Cubelo, na Estrada, da que nos informou o arqueólogo Eloi Saavedra (grazas!). No interior do post tes máis información.
