Repúblicas de Homes Libres: o 15 de marzo na Universidade de Deusto

Con este bonito cartel deseñado por Miguel Cuba preséntase o vindeiro relatorio das Repúblicas de Homes Libres: Fortalezas e refuxios nas sombras da Idade Media. Analizaremos a relación entre a sociedade e as fortificacións desde a caída do Imperio Romano ata o proceso de incastillamento que se dá no país (e en toda Europa) a partir dos séculos VIII-IX, e o que nos conta de todo o proceso. Pero farémolo cun relato profundamente persoal, un chisco aventureiro, e con algunha sorpresiña. :-)

Será o 15 de marzo na Universidade de Deusto (Bilbao). Aula 208, ás 13 horas, nun acto organizado polo Lectorado de Galego e a Universidade.

2 Comments

  1. 3 / Marzo/ 2012

    Desde a caída do Imperio Romano (de Occidente), que o de Oriente aguanta ata o século XV.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *