Herdeiros pola forza
Xurxo Ayán e Manuel Gago escolman en Herdeiros pola Forza vivencias de quince anos de traballo profesional desde a investigación e a comunicación cultural ao longo de todo o país, escribindo episodios que combinan a reflexión coa acción e un amplo anecdotario vivido e sentido en proxectos e iniciativas.
En Herdeiros pola Forza, Ayán e Gago avogan por transformar un modelo enquistado e esclerotizado de xestión do noso patrimonio cultural, devolvendo ás sociedades a relación coa súa propia memoria, e recuperando o sentido da nosa enorme herdanza e da nosa memoria. A sociedade galega do século XXI: urbana, usuaria das novas tecnoloxías e sometida a fortes procesos de tensión identitaria interna, precisa darlles novos sentidos ao patrimonio cultural. Este libro está escrito desde a crenza en que a nosa sociedade está a cambiar con rapidez, e está converténdose, gradualmente, ela mesma, en protagonista dese proceso de recuperación.
Trailer:
Onde mercar
Nas principais librarías de Galicia ou contactar con 2.0 Editora.
Seguir a historia
Tes unha páxina oficial de Herdeiros pola Forza en Facebook con datas de presentacións por toda Galicia, críticas e comentarios, anécdotas e a vida que rodea ao libro.
[…] Herdeiros pola Forza, Ayán e Gago avogan por transformar un modelo enquistado e esclerotizado de xestión do noso […]