Na volta de folla: o podcast
Na volta de folla é un podcast para explorarmos xuntos pequenas e grandes historias da cultura e da historia de Galicia. Está entendido como a versión sonora dos numerosos contidos que vou publicando nas redes sociais e noutros medios sobre curiosidades da historia e da cultura galegas. Aquí tes tamén a ligazón ás súas canles e o acceso a todos os seus capítulos.
Spotify: https://bit.ly/42bxe5Z
Ivoox: https://go.ivoox.com/sq/2591367
Amazon Music: https://amzn.to/3EifyMN
Apple Podcasts: https://podcasts.apple.com/es/podcast/na-volta-da-folla/id1811640795
Youtube: https://bit.ly/4cAkj16

Manuel Gago desenvolve neste podcast as exploracións na historia e cultura de Galicia que publica habitualmente noutras redes sociais. Unha porta aberta á volta de folla da historia, antropoloxía e cultura galegas.
Esta semana iníciase a XIV edición do Festival Atlántica de Narración Oral, o evento consagrado á arte de contar máis grande do ámbito europeo. Coa súa directora, a narradora oral e xestora cultural Sole Felloza, falamos sobre as novidades da edición pero tamén de moitas máis cousas: as conexións entre os festivais e as comunidades locais, a renovación xeracional da narración oral galega ou como os nenos e rapaces conectan coa tradición cultural galega. A non perder!

