Moito teño disfrutado desta serie: Bored to Death. Unha xoia de HBO ideada por Jonathan…
Capítulo 0 Entradas
Nos capiteis das igrexas románicas galegas e en moitas de Europa, un home vomitas follas pola boca no medio dunha vexetación da que parece formar parte. É a figura do green man, unha personaxe mitolóxica moi antiga de especial presenza nos países da Europa atlántica, pero case descoñecida polo público en Galicia. E iso que aparece por todas partes. Así nolo conta Alfredo Erias.

O 10 de marzo publiquei un texto: Precisamos unha Mesa polo Patrimonio de Galicia. Nel amosaba algunhas ideas sobre a necesidade de dispormos dunha organización que permitira unha acción de vixilancia e xestión estruturada sobre o noso Patrimonio Cultural e esbozaba un pouquiño as súas funcións. Unha delas era o servizo de Informes, a necesidade de dispormos dunha información en tempo real sobre a situación do noso Patrimonio Cultural, que é vítima continua de agresións.
Nos comentarios do post, Gallaecian Mist propuxo a creación dunha lista no Facebook para debater a idea. A lista xa ten case 200 membros. Durante estes meses houbo discusións ao respecto e un dos temas máis reiterados polos participantes foi o mesmo: precisamos un Catálogo para poder saber o que temos, xa que a Xunta non publica o seu (o noso). E non unicamente por saber que bens temos, senón por outro elemento máis importante: saber en tempo real en que situación se atopan. Continuamente estamos vendo nos medios locais información sobre agresións a petróglifos, pazos, castros, etc. que nunca trascenden. Necesitamos saber en tempo real cal é a situación do noso Patrimonio Cultural.
Así que velaquí está patrimoniogalego.net. Unha proposta de actuación colectiva sobre o noso Patrimonio. Un espazo no que todo o mundo pode informar dos Bens Culturais, Etnográficos, Arqueolóxicos da súa comunidade e poñelo nun escenario global. É unha Wikipedia do Patrimonio Cultural Galego. No interior do post explícoche as claves e contámosche como podes colaborar e unirte ao proxecto.
