Capítulo 0 Entradas

Este spot de Heineken é un tributo a todo o imprevisibles (e marabillosas) que poden…

Un día do verán de 1108, un pequeno exército de soldados observa o céo desde a banda occidental da ribeira do Miño. Vai unha calor insoportable, pero os cabaleiros e os soldados están en silencio. Fronte deles, un castelo inexpugnable emerxe sobre as augas, como un penón infranqueable. No alto, unha torre enorme. Por unha fiestra, asoma a cara dunha dona e un neno pequeno, que non lles quitan ollo. Tralas murallas daquel castelo no alto, distinguen unha hoste que tamén espía todos os seus movementos, pero máis alá, aprecian os barracóns e empalizadas dun exército que rodea o castelo. A cousa, aquí, en Marce, en Pantón, non está nada clara.


A seca no encoro de Belesar. Fotos: Sole

O outro día lin unha noticia que me chamou a atención de inmediato: “O encoro de Belesar está estes días baixo mínimos históricos“. Inmediatamente lembreime da nosa anterior incursión cara este territorio asulagado de Belesar, na procura dun lugar misterioso, un castelo lendario que aparece e desaparece baixo as augas, como nas máis antigas lendas.

É o castelo de Castro Candaz, orixe lendaria de todas as familias nobiliares da zona, que se continuaban vinculando xenealoxicamente a el cando xa era unha ruína no XVI ou XVII. Aquí, os cabaleiros de Chantada, da Plantata medieval, contiveron as hordas vikingas mentres protexían á poboación civil ata a chegada dos exércitos do Rei: os Lordomani non deron tomado este último refuxio, agachado entre as augas. Este castelo, na confluencia de tres ríos, punto culminante dunha veta de seixo que alí aflora entre os xistos como un filón de ouro, emerxía insular no medio da formidable paisaxe de Belesar. Aquí conto toda a historia e a investigación posterior na Biblioteca Nacional de Madrid.

Na nosa anterior visita ficamos ás portas do castelo, sen capacidade de pasar máis aló, con todas as gañas deste mundo. Ata este xoves. Aproveitando a noticia da seca en Belesar, decidimos achegarnos ata Chantada, a ver se as augas baixaran abondo como para pasarmos ata aló. Abofé que puidemos pasar. E vaia espectáculo.