Estes fermosos chícharos bágoa son un dos cultivos máis exclusivos do mundo, consumidos durante unhas poucas semanas nos grandes restaurantes de Europa. Pero malia teren unha orixe biolóxica galega, nin se cultivaban nin se vendían aquí. Esta é a historia da recuperación para Galicia deste auténtico caviar vexetal.
