Repúblicas de Homes Libres: conferencia en Santiago o 14 de xuño


Castro Lupario

O martes 14 de xuño ás 20:00 h. terei a honra de impartir unha conferencia sobre as Repúblicas de Homes Libres por primeira vez en Santiago de Compostela. Será no local da histórica Asociación Cultural O Galo, na praciña de San Miguel dos Agros 5, baixo. A asistencia é libre e gratuíta.

Nesta conferencia centrareime en dous conceptos definidos polo fito temporal da inventio da Tumba do Apóstolo no século IX. Na primeira parte explorarei o territorio da coñecida como Terra de Santiago, pero antes da existencia de Santiago. Centrareime en que nos pode contar a arqueoloxía militar tardorromana e altomedieval sobre a articulación deste amplo territorio antes da emerxencia deste poderoso e, en certo xeito, rupturista poder feudal apoiado pola Coroa. Na segunda parte da conferencia (se dou chegado a ela) achegareime á estratexia defensiva dos bispos composteláns e outros poderes e colectividades da época ante o perigo normando.

17 Comentarios

  1. 6 / Xuño/ 2011

    Nom pudem ir à da Crunha, mais a esta conto poder ir. Deica a semana!

  2. 7 / Xuño/ 2011

    Si, xa sei que as armaduras do destacado da dereita son posteriores, pero como non se ven moito imos deixalas así. :-)

  3. Roi
    8 / Xuño/ 2011

    Intentarei asistir mais non estou seguro de poder. Por se acaso non podo ir gustaríame saber se se vai grabar a conferencia

  4. can de palleiro
    9 / Xuño/ 2011

    O que non se pode é ir de arqueólogo afeccionado e despreciar os traballos de investigación doutra xente tan válida ou máis ca ti. Que non se che suba a fama á cabeza.

  5. 9 / Xuño/ 2011

    Perdón?

  6. carlos durán
    10 / Xuño/ 2011

    Hola

    son un admirador teu, son licenciado en xeografía e historia e gran amante da nosa historia especialmente castrexa, romana e medieval. Vou intentar ir a tua conferencia, de todos modo agradezo que avises delas porque si non podo ir a esta irei a outra. Moitas grazas pola tua laboura no campo da historia antiga da nosa terra, tan esquecida estes derradeiros anos. En canto ao comentario anterior de can de palleiro, ten o meu respeto, mais non o comparto en absoluto.

    Unha aperta a Mgago, estoy desexando coñecerte axiña persoalmente

    carlos

  7. 10 / Xuño/ 2011

    Moitas grazas polo apoio, Carlos. Será un pracer se ves á conferencia, e se non podes vir, pois non te preocupes. Eu vou avisando de todas as seguintes. Agora en xuño tamén tocará Viveiro.

  8. Xacobe
    12 / Xuño/ 2011

    Alí estarei! Como non. :)

    P.D: Can de palleiro, deuche moito o sol na cabeza? ^^

  9. Bernardo Dios
    13 / Xuño/ 2011

    Non son amigo de polémicas, pero tampouco o son de inxustificadas filípicas clandestinas ao amparo do anonimato que concede a “Res Retica”. Por iso me gustaría decir un par de cousas.

    Levo seguindo este blog cáseque dende o seu primeiro día, disfrutando das paparotas, dos roteiros e do resto do contido que o bo de Magago ten a ben compartir. Pero sobor de todo, emocióname o traballo de descuberta, divulgación e loita pola conservación do noso patrimonio que a base de pernas rabuñadas polos toxos e gabeadas polos nosos montes, mais propias dun carneiro que dun xornalista, coas que Manolo (permítame a confianza, pero e que xa son moitos anos de lectura e síntome da casa) nos agasalla en cada unha das súas contribucións, verquidas neste espazo sempre cun escrupuloso respecto.

    Descoñezo a profundidade científica dos seus achados e das súas achegas. Nin me importa. Anque polo que levo lido, non me parecen precisamente as elucubracións dun advenedizo. Eu quédome coa paixón conque nolos transmite, que lle permite convertir cada post nunha pequena novela que un nunca querería rematar de ler.

    Sirvan estas poucas liñas de apoio e recoñecemento á túa labor.

    Tentarei acudir á conferencia de mañan.

    Un saudo.

  10. roblamas
    13 / Xuño/ 2011

    Boas Manuel

    A ver cándo te caes por Vigo, que desta non vai poder ser.

    Un saúdo

  11. 13 / Xuño/ 2011

    haahaha! Bernardo, algo carneiro si que son, iso non cho vou negar. Grazas polo apoio, de todo corazón. Tentamos facer as cousas ben.

    Roblamas, a ver se non tardamos moito en irmos por alá.

  12. 16 / Xuño/ 2011

    comparto o dito polo bernardo dios, sobretodo no que se refire á amenidades das histórias polas que algumhas aguardamos cada semana.
    cheghado o domingo á noite a pergunta no ar é: que nos vai trazer deste fim de semana o magago?

  13. 17 / Xuño/ 2011

    Pois xa verás esta fin de semana, se o sábado houbese bo tempo. Vaite preparando. :-)

  14. Miguel
    17 / Xuño/ 2011

    hai moito tempo que sigo o seu blog, pero non asistín aínda a ningunha das súas conferencias, despois de ler os comentarios deste pos non quero engadir máis nada ao dito polos compañeiros, concordo con Carlos e Bernardo Dios.Un súdo e moito ánimo para seguir.

  15. candepalleiro
    26 / Xuño/ 2011

    Hola,Manuel. Este fin de semana entereime por un amigo que segue o blog, que un tal “can de palleiro” fixera un comentario neste post fora de tono.Non sei se é que o alcume ten gancho, ou é que alguén pretende poñer verbas miñas onde non corresponde, (algo que, pensándolo ben, resultaría de paranoicos). Simplemente, que quede ben claro que “candepalleiro” respecta o teu labor e as túas opinións. Saúdos, meu

  16. 27 / Xuño/ 2011

    Nada, candepalleiro, non te preocupes. Estas cousas pasan en Internet. Unha aperta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *