Os curmáns Marc e Adrià Pérez levan traballando en proxectos vitícolas familiares, asesorías e adegas…
De viños con Wagner
Publicado orixinalmente na revista Benbo nº 2. (abril de 2013)
A paixón da viticultura galega cos espumantes é unha historia cíclica de tentativas e fracasos. Nos anos 20 producíanse en Galicia alomenos dous viños escumosos, o “Gran champán Galicia”, producido no Val Miñor (Pontevedra), e “Gran champán Gulías”, feito na zona de Beariz (Ourense), pero fáltanos aínda moita investigación para coñecer o alcance real da produción e impacto dos escumosos do país antes da Guerra Civil; será nos 80 cando se viva unha euforia de consumo interno, coincidindo coa moda galega e a movida: a presentación do escumoso Fin de Siglo, por Bodegas Lapatena, do Grupo Arnoia, no Ribeiro, e que se vivira case con fervor patriótico pero que non sobreviviu no mercado.
