Os curmáns Marc e Adrià Pérez levan traballando en proxectos vitícolas familiares, asesorías e adegas de amigos por todo o mundo. Non foi ata 2007 cando decidiron emprender un proxecto propio a partir de cepas vellas do Priorat, en Porrera. Os irmáns Pérez levan a cabo dous viños excelentes dos cales este L’inconscient é o máis asequible (8-9 euros en tenda). Trátase dun magnífico viño para disfrutar dunha zona única, o Priorat, indubidablemente sobrevalorada en prezo nos últimos anos. Con coupage variado a base de cariñena, garnacha, cabernet sauvignon, merlot e syrah, trátase dun viño elegantísimo, moi saboroso, coa calidez mediterránea que caracterizan os viños do Priorat e notas minerais, de sabor a terra, sensacións moi priorais todas elas. Recomendo abrilo quince ou vinte minutos antes de comezar a consumilo: agradece o contacto co aire.

Completamente de acordo, un viñazo por ese prezo e é certo que lle senta ben o aire. Unha pena non ter unha segunda botella para ver se sigue medrando. ¡E iso que eramos dous!
Agradécese a recomendación. ;-)
Alégrome: a disfrutalo!