Capítulo 0 Entradas


A pesca no cabo C. Fotos: Sole

Moi próximo ao Cabo C, ou Cee, en Corcubión, está unha zona de pequenos cantís e mar axitado ao que van os pescadores retirados pescar robalizas. Nesa zona está proxectada a construción dunha piscifactoría, a pé mesmo de litoral, nun encrave privilexiado. Coma sempre, dilapindando os escasos recursos naturais que quedan no país. “Por que ninguén fala da piscifactoría do Cabo C?”, preguntábanse no diario dixital Que pasa na Costa, achegando datos sobre o proxecto.

Hai un tempo tamén apareceu unha información sobre un lugar bastante estraño ubicado exactamente no lugar no que van facer a piscifactoría. Aínda que a especulación foi ampla con respecto ao sitio, nos últimos meses varios amigos pedíronme que me achegara ata aló a ver o recinto. Así que aproveitando que estaba nas proximidades metímonos polas pequenas pistas do Cabo C para ver que é o que tiñamos aló.

A última novela do escritor Niccolò Ammaniti representa, a través dunha fastuosa festa nun parque privatizado, as corruptelas sociais dunha Italia das vanidades.