A BBC emitiu este interesantísimo documental sobre o ‘easy listening’ (‘a escoita sen complicacións’), este tipo de música que actúa como banda sonora, que nin compromete nin obriga a prestar atención. Aquí están todas as partes. Gustoume como presta atención a un tipo de música que só se explica e se entende no noso século, cando a música se convirte en parte do escenario: en centros comerciais, en salas de espera ou na casa. A súa orixe, como di algún dos compositores, era en desenvolver música ‘para amantes sós’ e a clave non estaba tanto na melodía como ‘nos arranxos’. Eis a dimensión fabril do ‘easy listening’, que ten notables ramificacións na confluencia coa música electrónica: co groove, co trip hop, co Lounge…todos versións desas melodías sen complicacións, secundarias no sentido máis literal do termo, que emerxeron desde finais dos 50. As zunadas electrónicas dos Zara, ou a música que acaba soando nas terrazas cool -nos sitios nos que hai climatoloxía para iso- proveñen do mesmo principio.
Recoñézome un adito ao easy listening. Paso moitas diante diante da pantalla e moitas veces prefiro pinchar easy listening en calquera das súas variantes antes que ‘hard listening’, pero por un motivo curioso: sei que no continuum sen complicacións de Spotify, calquera música, por moita personalidade que teña, remata por converterse no zunido mecánico dunha tarde de traballo. O que máis me sorprende é que rematas por especializalas. Non é o mesmo o easy listening que escoito no traballo (máis lixeiro, máis electrónico, máis facilmente interrumpible cada minuto) que o que escoito cando estou en actividades creativas (deseño de proxectos, redacción de artigos, o blog) que se axusta máis tematicamente ao que estou facendo (desde BSOs de filmes ata electrónica máis currada).

Be First to Comment