Destacado

Esta é unha das experiencias máis fermosas que teño vivido: atravesar o tempo en Cuntis e vivir cos seus veciños unha fermosísima e descoñecida festa ancestral que, ao volver prender, parece que nunca se tivera ido. A coroa de lume rodeou as murallas do Castrolandín e tamén os nosos corazóns. Explora a historia co vídeo e a fotogalería.

Paco Nadal durme fóra da casa 200 días ao ano, pero non se parece á personaxe de George Clooney en Up in the Air: é un dos mellores xornalistas de viaxes que coñezo e aproveitamos a súa visita ao LITVI de Santiago para manter unha conversa en vídeo.