Narrativas espaciais e xornalismo en BCN

Last updated on 1 / Xullo/ 2010

A converxencia de servizos, aplicacións e mesmo xogos vinculados á xeolocalización ou á virtualización do espazo a través da realidade aumentada ten numerosas posibilidades en diferentes ámbitos da comunicación. Mañá impartirei unha sesión no IDEC da Universitat Pompeu Fabra en Barcelona, expoñendo a aplicación das narrativas espaciais ao ámbito da infografía e a narrativa xornalística.

Este cambio aínda está moi por desenvolver, tanto a nivel téorico como práctico. Como en tantos outros nos últimos anos, os xornalistas temos moito que aprender das comunidades creativas que desenvolven aplicacións xeográficas ou constrúen metarrealidades para explicar mellor o real. E tamén é unha cuestión de superficies e plataformas: no novo escenario, os xornalistas debemos persuadirnos de que o concepto cabeceira é só unha opción máis. Producimos para unha cabeceira pero tamén podemos producir directamente para plataformas que non estaban concebidas orixinalmente para a distribución de información xornalística. Espazos como FourSquare, como Google Earth ou outras posibilidades.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *