Lois Pereiro, poeta dos turbulentos 80, cantado e xesticulado, alegre e feliz, por estes nenos…
Capítulo 0 Entradas

As ruínas de San Tirso coa illa de Ansarón ao fondo
Hai un tempo falamos dun interesante lugar na Mariña luguesa: San Tirso de Portocelo. Podes refrescar a memoria aquí. E lembra que tamén tes a Banda Sonora das Repúblicas en Spotify para ambientarte.
San Tirso de Portocelo foi fundado por Rodrigo, un diácono de Coímbra que fuxiu da cidade cando a invasión musulmana. Sabemos del e da fundación de tres mosteiros moi próximos por un documento do ano 787: nel Rodrigo asina o seu testamento e por el sabemos da existencia destes mosteiros dúplices: San Tirso de Portocelo, Celeiro e Sumoas. De aquela, xa vin grazas a unha galería de Manuel Miranda, o chamativo do lugar. Observábase un edificio, unha capela do século XVII, en ruínas, nunha punta sobre o mar. O lugar chamoume a atención e quixen ir velo. Fiquei sorprendido.
No mundo das conservas é case imposible vender gato por lebre a un consumidor con criterio. E moito menos vender como sardiña de calidade un infraproduto de procedencia espúrea. Así que cando chega unha lata chea de xoubiñas de Rianxo, é un auténtico pracer.
