Aida, tecnoloxía 3D de navegación urbana

Moi interesante este proxecto de desenvolvemento tecnolóxico que está levando a cabo Audi e o MIT. Trátase dun novo concepto -e por agora é só un concepto, así que tardaremos un tempo en velo comercializado- de navegador GPS para os coches. O AIDA modeliza en 3D o itinerario, obtendo non só unha perspectiva maior sobre a superficie na que se avanza, senón que aproveita toda a superficie do salpicadeiro do coche para representar información. O vídeo dá conta do seu funcionamento, no que se me ocorren moitísimas máis cousas e aplicacións; o interesante é como xa se pensa comercialmente en modelos 3D que rebasen a superficie das pantallas e se materialicen nunha superficie maior. E iso é algo que trascende ao propio uso dos GPS de automóbiles.

Sé o primeiro en comentar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *