Mercé ao illamento do castro do Castañoso (A Fonsagrada), chegou ata nós, parcialmente en pé, un auténtico monumento castrexo, unha sauna que sobreviviu dous mil anos convertida en corripa de ourizos de castañas. Agora, o camiño ata ese lugar volve estar aberto.
Capítulo 0 Entradas

Xantamos nun dos restaurantes máis bonitos do Quito colonial. Estamos no Teatro Nacional Sucre; a sala ten pesadas cortinas vermellas baixo as que entran o son dos tranvías e as voces dos teatreiros improvisados que ateigan a praza. Mentres se fai teatro dentro, faise tamén teatro fóra.
-Eu entrei algunha vez na cervexaría do convento -dixo alguén.
-O mosteiro de San Francisco ten unha cervexaría -inquiro intrigado.
Coñezo ese lugar. No corazón do Quito colonial, é un dos mosteiros máis fascinantes que coñezo. Enorme, impoñente, construído coas pedras dos antigos templos incas, foi a primeira fundación monástica de Quito. É un lugar cheo de lendas, cunha impoñente colección de arte sacro -das mellores de América Latina-, unha labiríntica estrutura de claustros nos que se observan as lápidas dos primeiros emigrantes a este novo vello mundo; alí entran todas as tardes as xentes de Quito a coller auga bendita para curar e sandar. Máis alá da súa posición xeográfica, camiñar pola Praza de San Francisco que preside o mosteiro é ter a sensación de estar no centro dun mundo.
-É que os primeiros Pais que chegaron eran alemáns ou de por aí -apuntou alguén- no século XVI, viñan con morriña da súa cervexa e lle ensinaron aos indios a cebada e o lúpulo. (abrín os ollos)
-Seica a Cervexa Nacional quería facer algo cos frades! -dixo outra persoa desde o outro lado da mesa.
-Pero a cervexaría está desde o século XVI? -preguntei.
-Desde logo! -afirmaron os amigos quiteños.
-O problema -dixo Stalin (si, Stalin, non é alcume, é nome oficial)- é que está na zona de clausura dos pais. Por iso non se pode ver.
-Que pasada! -exclamei abraiado- Logo debe ser a cervexaría máis antiga de América.
Os amigos do Teatro miráronse entre eles pícaros.
-Pois haberá que solucionalo.
-Señores, só teño unha hora -contesteilles, apurado de axenda.
-Abondará.
Por alá no vestíbulo do hotel sentimos os tintineos do bedel do Teatro Nacional, un home pequeneiro e simpático con pintas de arreglador de todo tipo de problemas. Foi velo e decatarme de que non habería problema.
Unha visión do Quito contemporáneo a través da dramática historia do máis controvertido capitán inca.
