O amigo Suso Baños remíteme esta magnífica estampa para a colección de Fotografías que son…
Divulgación científica
Por seguir con magníficos exemplos de visualización científica, aquí ven esta auténtica xoia. Este vídeo…

Popular Science edita unha magnífica lista de infográficos científicos de 2012 -moitos deles interactivos. Un dos máis espectaculares é este que abre o post, as 100000 estrelas, un paseo interactivo pola Vía Láctea que podes realizar nesta ligazón. É magnífico.
Un gran exercicio conceptual é este índice de habitabilidade planetaria, de Katie Peek:

…e outro dos máis chulos é o titulado 7 minutos de terror da Curiosity, elaborado por billowyclouds a partir de datos da NASA. Que de que vai este? Pois mirade no interior deste post (e xa entenderedes por que):
