
Visto no “paseo do colesterol” que remonta o Ulla desde as Torres do Oeste. Isto si que é currarse un panel para todos os públicos!

Visto no “paseo do colesterol” que remonta o Ulla desde as Torres do Oeste. Isto si que é currarse un panel para todos os públicos!
Parece que o fixera o Sheldon Cooper da botánica!
Tremendo! Aproveito para aclarar aos máis confundidos que tanto o título coma o comentario dos fotos están en modo retranca ON. Houbo xa quen pensou que me parecía moi ben ese texto e mesmo me felicitou pola súa esmerada redacción (???). :-)
Acórdome doutro exemplo similar e sangrante. Cando exhibiron restaurado o coro do século XVI (creo, ou XV) da Catedral en Compostela, a exposición levaba por nome “O coro lígneo da Catedral de Santiago.”. Debe ser para enfatizar, que nestes tempos modernos moito do que se anuncia como de madeira, ao final resulta ser fimapán.
Aínda van ter razón os filólogos eses cando andan todo o día dicindo que ningunha escolla é inocente…
Ola,
Ainda hai máis, algúns paneis dese paseo están errados. ë dicir, algunhas plantas están mal identificadas. Ao final do paseo hai restos dunha telleira por certo
Um mellor ano interpretativo 2013!
Co seu permiso vouna gardar, como un claro e perfecto exemplo… do que non é INTERPRETACIÓN !
saúde.
¿Por que os paneis interesantes son os primeiros que reventan os vandalos e os desastrosos duran media vida?..