
O número 30 do Anuario Brigantino é un motivo de felicitación para todo o mundo. Esta prestixiosa publicación de investigación histórica é un exemplo da calidade que poden chegar a ter as publicacións locais. A xoia da coroa local deste número é esta espectacular imaxe de Betanzos a principios do século XVII, localizada por investigadores no Arquivo Histórico Nacional e estudada para este artigo polos catedráticos Baudilio Barreiro e Ofelia Rey. A imaxe estaba nunha memoria que o escribán Payo Posse Bermúdez de Castro escribe ao rei Felipe III dando conta do dramático incendio de Betanzos o 18 de setembro de 1616, e solicitando o soporte fiscal do monarca para apoiar a reconstrución de Betanzos. Para ilustrar o informe, o escribán encargou un mapa a Antonio Vázquez e o resultado é unha detallada fotografía do Betanzos de finais do Renacemento, publicado en primicia neste número do Anuario. Aquí podes descargar o interesantísimo artigo e ver o mapa en grande.

Pero o Anuario Brigantino nos ofrece tamén un artigo sobre o castro de Punta de Muros (lembraredes que foi aquel catro destruído para facer o Porto Exterior da Coruña). O artigo é basicamente unha copia con outro nome daquel primeiro que editara Juan A. Cano Pan e Fernán Gómez Filgueiras de Brage e do que xa falaramos no seu momento e non achega nada novo alén da análise da metalurxia no poboado que, segundo os investigadores, era “una factoría de producción de bronces en el contexto del final de la Edad del Bronce”. Podedes ler o texto aquí.
Deste xeito, Cano Pan sinala nas conclusións cousas que non explica no texto, como que “esta actividad [metalúrgica] se complementaba con otras artesanales asociadas al proceso productivo y con amplias superficies de almacenamiento a lo que habría que unir la existencia de una estructura de carácter sacral, lo que convertía al poblado en un punto de referencia del territorio”. Como Cano Pan e Gómez Filgueiras non detallan neste artigo a que se refiren con “estructura de carácter sacral”, cóntovolo eu. Tratábase dunha cabana que tiña no seu interior, no centro, unha gran pedra, polo que dixeron membros do equipo, pero non sei cales son exactamente as evidencias que levan ao arqueólogo a cualificala como “estrutura sacral”. Descoñezo se preservaron esa cabana para o futuro centro de interpretación ou tiraron a pedra sagrada como parte do recheo do muro do Porto Exterior da Coruña, igual que fixeron coa maior parte do poboado e da muralla. No texto non se dignan a sinalar que é o que se preservou e o que non. Reparen en que sería a primeira estrutura sacral verificada para a Idade do Bronce galega.


Reconstrución dos fornos.
O único novo no artigo son estas reconstrucións 3D e debuxos, que supoño que formarán parte do centro de interpretación. A conclusión, coma sempre, é a mesma: botarnos a man á cabeza ante o valor do que perdemos e nos quitaron.

Noutro artigo de Cano Pan editado no volume colectivo Arqueología, sociedad, territorio y paisaje, CSIC, 2010, o arqueólogo detalla algo máis sobre a estrutura das cabanas e a morfoloxía do poboado, pero en ningún momento alude a unha “estrutura sacral”.
“… botarnos a man á cabeza ante o valor do que perdemos e nos quitaron.”
Nom se pode resumir melhor a dupla responsabilidade deste patrimonicídio constante e xordo que estamos a contemplar.
A min cáusame inquedanza pensar que cousas como estas se poidan voltar a repetir. Espero ben que non pero cando non se difunden… :(
Se isto esteve-se num cantil de Cornualhes, ou da Bretanha agora teria saído já nos meios de comunicação de tudo o mundo e teríamos ao National Geographic e o Discovery Chanel fazendo reportagens sobre o jazigo, e miles, milheiros de turistas peregrinando todos os anos e deixando divisas para dar-se uma volta polo Cocinhadoiro, se a isto lhe unimos que o Bronze Final o Atlântico e o chamado período “pre-colonial” são a estrelas da investigação arqueológica em grande parte de Europa na atualidade, o lógico seria ver este castro estivesse presente como invitado de exceção em Congressos Internacionais, reunioes cientificas, artigos, livros, teses, e a arqueólogos nacionais e estrangeiros interessando-se polos materiais atopados ali, e elucubrando -como tanto nos gosta aos arqueólogos- sobre como explicar -social e contextualmente- o que temos aqui
… não é ciência ficção e simplesmente o que pudera ser pero, por ser como somos aqui, não é.
Por engadido sigue-se sem dizer que tipo de ceramica e outros materiais a parte das escouras e os asociados a fundiçao apareceu ali, e ceramica aparecer tivo que aparecer
No texto do libro este do CSIC dise algo sobre cerámicas. Queres que cho pase?
Fati, o terrible é que estou convencido de que volvería a ocorrer. Como volvería a ocorrer, exactamente igual, outro Prestige.
Passa passa, e obrigado de antemao ;-)
Falando do “Betanços” medieval, non podo deixar de prestar atención a un dos elementos arquitectos máis “agardados” por min. Mirade a páxina 171 do pdf que tan amablemente Manuel nos amosa; agora mirade nesa “Torre de Lançós”, as almenas están cubertas!, están cubertas por unha estructura -un típico tellado- que aparece nos castelos ao longo de toda Europa, pero que nós -aqui en Galicia- por algunha razón non engadimos ás reconstruccións dos que temos, cando moitos deles como vemos posiblemente a tiñan. En fin, un detalle que tiña moitas ganas de confirmar e que finalmente así parece, aqui tamén houbo castelos/torres almenadas cubertas.
Exemplo:
http://www.google.com/imgres?q=chateau+medieval,+france&um=1&hl=en&client=firefox-a&sa=N&rls=org.mozilla:es-ES:official&biw=1920&bih=916&tbm=isch&tbnid=7aZ02fNU4PKL2M:&imgrefurl=http://www.visualphotos.com/image/1×8604317/chateau_comtal_12th_century_la_cite_carcassonne&docid=yDKa18jvGEKDSM&w=650&h=451&ei=ie10TuisDOfB0QWs-OiZCA&zoom=1&iact=hc&vpx=719&vpy=615&dur=422&hovh=187&hovw=270&tx=150&ty=192&page=6&tbnh=153&tbnw=174&start=176&ndsp=36&ved=1t:429,r:30,s:176
Efectivamente, tamén me fixei. E teño visto reconstrucións virtuais das Torres de Catoira con tellados.
Por que non teñen tellados? Sospeito por que. En Castela, nas recontrucións, non os teñen. :-)
E o artigo sobre as incursons viquingas na Galiza altomedieval que tal está?
Pois Sánchez Pardo fai un interesante repaso crítico á bibliografía sobre os ataques vikingos para dirimir un pouco os episodios básicos. Faltan algunhas cousas, pero está moi ben ao meu ver.
Sen ganas de polemizar pero si de tocar un pouco as pelo…Betanzos coma Brigantium ten pouco futuro, e o de Anuario Brigantino non ten moito sentido. O digo porque Betanzos ven de Baedi Untzia ou castro de Untzia dos Bedios.
Hala. Arriba Bergantiños.
Eu tampouco é por polemizar, mas a etimologia de Betanços, difícil de tirar a partir de Brigantium, ainda o é mais a partir desse hipotético “Baedi Untia”, tanto morfológica como foneticamente.
O de arriba Bergantinhos subscrevo-o hehe.
Acabo de mirar o caso de Pambre, paradigma de castelo galego para moitos, e vexo algo que me chama a atención na torre da homenaxe…, catro soportes de pranta rectanguar e sen solución de continuidade que se situan nos catro vértices da pranta superior. Non parecen acaso os soportes para unhas vigas ou estrutura de carpintaria?, estrutura que ben podería ser a dun armazón dun teito, ao xeito do que diciamos antes.
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/c/c4/Castelo_de_Pambre_2.JPG
Penso que hai que darlle unha volta mais á nosa perspectiva sobre os castelos galegos, igual vos pode parecer algo freekie, pero a representación do mapa de Betanços deixa claro que houbo castelos/torres galegas con cubrizón.
Sobre a etimoloxía de Betanzos, hai opinións. Como quera que por moito tempo sostívose que Brigantium > Betanzos, isto deixou unha forte pegada nesa cidade, agora mesmo lembro algunha pastelería Brigantium, local de hostelería, o desaparecido Brigo Club, aquel que fora famoso por ter sido asaltado e queimados os seus mobles pola turba da Fronte Popular o 1º de maio de 1936, coa desculpa de que pasara pola praza do Campo un enterro con cregos revestidos ou con cruz alzada. En calquera caso so manteñen unha tradición, que até o antigo Brigantium Club de Fútbol mudou o nome e chámase agora Betanzos Club de Fútbol.
Polo que atinxe á etimoloxía tamén hai quen pensa que está relacionada con “vitta” a cinta que poñían no pelo ou frente as mulleres. Vittantius > Betanzos.
Por outra banda o topónimo debeu nacer no lugar que aínda hoxe se chama Betanzos o Vello (San Martiño de Tiobre), poboación que en 1219 foi traslada ao que se coñecía como Val de Untia, hoxe Betanzos.
É certo o de Pambre! Ademáis, todo o interior do castelo estaba teitado. Hai moitos anos publiquei aquí as primeiras fotos que se publicaron do interior da fortaleza, e elaborei un pequeno gráfico sobre o interior do castelo no que colocaba tellados en todo o recinto.
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2006/06/04/no-interior-do-castelo-de-pambre/
Paréceme moi interesante a túa reivindicación dos tellados nas torres dos castelos galegos.
A que si Manuel? :), pois de verdade que cada vez que o vexo penso que este sitio chamado Galicia debeu de ter sido mais diferente do que pensamos no medievo. Agora vénme á cabeza un libro que hai tempo merquei, cun debuxo do século XVII no que se amosaban unhas casas longas con teitos de colmo e gran pendente a carón das ruinas do castelo de… Parga?, agora mesmo non lembro o nome. Igualmente interesante pareceme o debuxo que amosa a antiga praza de Ourense con casas de “Timber framing” e que publicou López Carreira.
En fin, con estou por facer unha imaxe dixital de Pambre coa torre da homenaxe cuberta.
Interesante o tema das cubertas nas torres, anda que se coa nosa climatoloxía non tivesen tellado… descoñezo o motivo polo cal se obvian, pero xeralizar, coma sempre non é xusto; vendo no seu blog que os amigos de Neixón andan por terras da Puebla de Lillo, traballando por Castiltejón, poden botarlle unha ollada á torre dese pobo leonés, a esta si que lle puxeron tellado Sr. Gago!!!
Home, e tamén no castelo de Ponferrada hai algunha torre cuberta! En todo caso, eu falaba de Castela e non de León… ;-) Refírome a que o modelo de torre de castelo no que pensan os arquitectos encargados non ten tellado (aínda que en boa parte de Europa si o teñan), e por algo será.
Por certo, moi simpático ese torreón de Lillo. Aquí vai:
http://www.portalviajar.com/europa/espana/puebla-de-lillo/
Bueno, Castilla y León…, sabía que me ía sair vostede por ahí ;) jajaja, só cito este como anécdota, lembreime del xa que ainda andiven por ahí polo 15 de agosto e como agora estan traballando alí, aproveito; como a voste, a min tamén me parece moi chusca a reconstrucción que fixeron.
Xa sabía que se me ía ir vostede por ahí ;), jajaj Castilla y León…, para o caso tanto monta, se falamos de modelos actuais de reconstrucción-restauración. Só cito este de Lillo como anécdota, xa que aínda estiven por alí polo 15 de agosto e aproveitando que agora están a traballar na zona fago o comentario; a min, como a vostede, a reconstrucción de este torreón tamén me parece moi chusca ;).
Conste que en Castela tamén hai torres cubertas :-)
http://www.espadasydragones.es/wp-content/Alcazar-Segovia.jpg