No interior do castelo de Pambre

Se che gusta o turismo histórico en Galicia, é posíbel que teñas chegado ata aquí. ¿Sóache? É a entrada do Castelo de Pambre, unha das fortalezas medievais máis fermosas de Galicia e atópase no concello de Palas de Rei. Pambre foi edificado no século XIV pola familia Ulloa coma o emblema da casa: un decátase cando analizas a súa delicada arquitectura, que combina a función militar co ornato de residencia pacega.

Pois ben, é posíbel que nunca teñas pasado desta porta. Hoxe, en Capítulo 0, poderás ir do outro lado:

pambre_08
A zona de residencia pacega do Castelo de Pambre (xogo completo de fotos aquí)

En xeral, a estrutura do castelo atópase en mellor estado do que parece dende o exterior. Trala muralla perimetral, ábrese un gran patio, hoxe cheo de instalacións agrícolas e varias casas de labranza. Son posteriores á edificación orixinal do castelo e dende dentro vese como a porta orixinal da fortaleza non era a actual, senón unha que estaba oposta exactamente á entrada do castelo e que hoxe está cegada. Fixen un modelo 3D con Sketchup para que poidas ver a interesante estrutura interna.


Pranta do Castelo de Pambre

Á esquerda está a entrada orixinal e na zona superior a actual. A entrada ao recinto interior está na parte dereita. Como vedes, os asaltantes estarían obrigados a percorrer todo o redor da muralla para tentar forzar a entrada.

Cando un entra dentro do recinto do castelo, propiamente, aparecen numerosas divisións que dividían o espazo entre a torre de homenaxe e os muros. Alí pódese apreciar, claramente, a residencia pacega, que tomaba unha das alas e unha das torres tamén. Antes estaba as dependencias dos criados. O obxectivo era racionalizar o espazo ao máximo posíbel. O pazo interior tiña dúas ou mesmo tres alturas. Posteriormente, tamén foi subdividido.

Como podes observar, no exterior existe unha capela que parece da mesma época do castelo ou mesmo anterior.

Outro dato salientábel é a torre de homenaxe, construída sobre uns penedos. É de estilo normando, é dicir, cunha única porta a varios metros de altura á que se accedía cunha escaleira levadiza.

Enriba dela, hai unha fermosísima fiestra que mira ao val do río e a un paisaxe aberto. Un non pode menos que compartir a teima dos veciños de Palas por revalorizar este monumento dunha vez.

Xogo completo de fotos do Castelo de Pambre en flickr

37 Comments

  1. 4 / Xuño/ 2006

    Que artigo mais bo. Abraianme os castelos e mais estes medios arruados. Tamen extranhame o horreo que ten ese castelo que lle senta mui ben e faino diferente aos outros castelos.
    Un saudo e gracinhas por compartir conosco as tuas fotos.

  2. carlos
    4 / Xuño/ 2006

    Eu vivo preto del dende neno e é un dos lugares que recordo con máis cariño. Foron moitas as tardes as que pasei defendendo o castelo cunha espada de madeira e protexido cun testo dunha pota por escudo. Era o protagonista de mil historias medievais que tecían o seu argumento na miña imaxinación. Cando paso preto del volvo á infancia. Que época máis marabillosa! Grazas por recordarma!

  3. 4 / Xuño/ 2006

    Impresionante, as fotos dan unha idea do que se agacha detrás deses muros. Da vergoña que non se poida entrar.
    Impresionantes tamen esos modelos en 3D
    Gracias!

  4. 4 / Xuño/ 2006

    Graciñas por ensinarnos o castelo (Son un dises moitos que quedamos na porta). Moi bos os modelos en 3D.

  5. 4 / Xuño/ 2006

    Grazas a todos/as!

    Acedre, e iso que non viches as colmeas! En realidade, despois da Idade Media, o castelo foise convertendo máis e máis no centro dunha gran instalación agrícola. No patio interior hai unha pequena cidadela con catro casas de labradores, colmeas, alpendres…

  6. Fernando
    5 / Xuño/ 2006

    As fotos, son vosas? como consiguíchedes entrar? :-) é posible?

    Moi bo todo, texto e fotos.

  7. 5 / Xuño/ 2006

    ¡É un castelo fermosísimo! Engaiola a súa volumetría exterior, semella un castelo de xoguete, coma os do Exin-castillos. Estiven hai ben pouco nel, pero non tiven a sorte de entrar, ademáis o can que por alí merodeaba era absolutamente medieval, tiña moi mal xenio. Son dos que penso que é un dos poucos castelos que está á altura dos de Castela, quero dicir en vistosidade: Medina del Campo, Peñafiel, … deixando fóra o de Coca, que é para darlle de xantar aparte, e os de Olite e Alcázar de Segovia, tan restaurados que xa non me convencen.

  8. 5 / Xuño/ 2006

    Fernando, pois pedindo permiso e de pura casualidá :-)

    Félix, concordo no do can de Conan o Bárbaro que teño visto máis veces por alí e coincido contigo no da fermosura do edificio. En concreto, eu definiríao tecnicamente como cuquiño… ;-)

    De todos os xeitos, o da elegancia estética do castelo esa é unha cuestión interesante: é certo que a fortaleza tiña funcións defensivas e estratéxicas. Está ao carón dunha importante vía medieval (que viña da Golada) pero os seus donos, conscientemente, quixeron facer unha construción emblemática ademais de funcional. Hai un detalle sobre a forza simbólica do castelo para a familia feudal: na próxima igrexa de Vilar de Donas hai un curioso baldaquino medieval. O castelo de Pambre aparece coroando o monumento.

  9. 5 / Xuño/ 2006

    Supoño que saberás que Pepiño Blanco é de Palas de Rei, de feito foi alcaldable durante algúns anos. Agora que pisa a moqueta de La Moncloa poderíase crear unha plataforma Pro-castelo de Pambre… ¡E despois queremos turismo rural! Así nos vai. Por certo, ¿sabes cal é o horario para visita-lo ninfeo de Santa Eulalia de Bóveda? Alucina: de luns a venres pola mañá, eso sí, abre ás oito menos cuarto da mañá. Sabados, pechado. Domingos, pechado. Festivos, pechado. ¿Quen carallo vai ir a Santa Eulalia de Bóveda unha mañá de día laborable, como non sexan algúns alumnos ós que lles importa unha merda a arquitectura romano-cristiá? En fin.

  10. Vitor
    6 / Xuño/ 2006

    Parabéns por ese modelo en 3D.
    Eu entrei dúas veces nel, son afortunado de ser veciño, e de ter estado no momento apropiado no sitio indicado.
    Pero eu tiven o problema de que as veces que conseguín entrar non me deixaron sacar fotos…
    Tamén son, ao igual que Carlos, un veciño de Palas que ten defendido o castelo cunha espada de madeira! Tamén son un dos veciños frustrados pola impotencia que me produce ver a máis alta torre chea de arbustos, e tamén son alguén ao que lle gustaría poder ver o castelo de Pambre restaurado…
    E grazas Gago por alegrarme o serán ao ver este espazo no teu blog.
    Unha aperta

  11. 7 / Xuño/ 2006

    Félix: o clásico das oficinas de turismo locais é a apertura de luns a venres, de 9:30 a 15:00. Como todo o mundo sabe, eses son os momentos máis habituais para facer turismo.

    Vítor, estou convencido de que algún día veremos ese castelo en mellores condicións.

  12. Mary
    25 / Xuño/ 2006

    Hola! Son increibels as fotos; estou a facer un traballo hisórico-artístico para a universidade de Santiago, asi que se me podes pasar fotos, estaríache moi agradecida.

    María

  13. Mary
    25 / Xuño/ 2006

    Por certo, estiven a leer tódolos comentarios que están feitos, e envidio moito a sorte que tivestes de entrar, eu intenteino, pero nin no concellero me axudaron demasiado e o propietario o oir a palabra historiadora dar arte empezánlle a xirar a cabeza coma a nena do exorcista… asi que me tocou so poder velo dende fóra.
    Por outra banda, o que apuntábades da sua construcción, a súa función defensiva é crara (estamos ante un castelo fortificado é isa é a súa función base), pero tamén hai que contar que se atopa nunha zona apartada conscientemente para non ser achado (foi o único en quedar en pe despois da revolta irmandiña).

    Boeno, se alguén quere saber datos sobre o castelo, eu me ofrezo a pasarllos.

    Un abrazo a todos, e grazas por manter vivo a Pambre.

    María.

  14. 25 / Xuño/ 2006

    Mary, podes coller as fotos que precises do xogo delas que puxen en Flickr:

    http://www.flickr.com/photos/52301397@N00/sets/72157594154948962/

    Son as aceptables das que teño. Se tes algunha dúbida de a que parte do castelo corresponde algunha en concreto envíame un correo a magago@usc.es e localízocha con respecto a este modelo en 3D que está publicado aquí.

    De Pambre interésame moito, así que cando remates o traballo encantaríame que me avisaras (ou que mandaras unha copia por mail).

    Só unha cousa: ti sabes se hai algo no monte que está enfrente do castelo? Xusto en fronte, tralo río? Dende esta beira parece existir como unha certa elevación artificial, pero con todo o toxo que hai alí non se aprecia.

  15. Mary
    25 / Xuño/ 2006

    Moitas grazas. Xa as collín; o traballo está case rematado, asi que che mando unha copia por amail. Máis ou menos creo que collín as que máis falla me facían. Respeto o que me dis do monte de enfronte, non o teño moi claro, anque se fala dun castro, pero non cho podo confirmar. Nembargantes mirareino para dicirche.

    Grazas.
    María

  16. Mary
    25 / Xuño/ 2006

    Xa che enviei o traballo. Botalle unha ollada e grazas por todo

    María

  17. 29 / Decembro/ 2006

    Cando o descubrín despois de dar unhas cantas voltas pola zona, pois é triste que non esté ben indicado; impresionoume atopalo alí, esbelto, máxico e señorial, fachendoso de manterse en pé e sobrevivir a tantas desfeita acontecidas ó seu redor. É moi triste que non se poida recuperar e poder amosalo ó público pois algunhas das súas murallas amosan graves gretas.
    Como todo este tipo de lugares produce en min a sensación de vivir nun lugar, nun país único, un lugar de fantasía, extraordinario a pesares de que os políticos non fagan moito por recuperar a grandeza durmida entre as xestas silvas pero permanente na memoria dos que amamos este país e seguiremos loitando para que se nos oia.
    RECUPERACIÓN DO CASTELO XA
    ABANDONO NON

  18. Mercedes
    20 / Xaneiro/ 2007

    E algo que non se pode explicar verda? é a sensación de impotencia por querer que todo o mundo sepa que temos na nosa terra algo tan fermoso, e sen embargo é moi pouca xente a que ten a sorte de coñecelo. Eu non apreciaba estes lugares, non lle daba a importancia que se merecen, ata que apareceu alguén moi importante e me fixo entender a satisfación que pode producir descubrir algo tan fermoso, e aínda máis se o descubres en boa compañía. Os dous falábamos de que a xente de Palas debería protestar por iso, non deberían permitir ese abandono por parte dos políticos. Saúdos, un bico Manoele

  19. Yoli
    23 / Xaneiro/ 2007

    E moi triste que algo tan fermoso quede no olvido. Pero esa é a realidade, a triste realidade do castelo no que alguns anos atrás viviron xente da alta nobreza, principes, reis ou monxes.
    as grietas son o de menos pois se os politicos ou os donos desas terras fixeran algo para reconstruilo seguro que todo teria arreglo.
    Aínda que eu, na miña imaxinacion vexo perfecto, vexo como algun dia foi.
    O que da mais pena é que non é só ese o unico castelo abandoado, hai moitos mais …asi como igrexas e monasterios, ect. O poder que teñen os cartos….e o poder que teñen os que gobernan….
    En fin , oxala que se todos nos unimos e loitamos para que non quede en ruinas nos fagan caso e poida ser o que algun dia foi.

  20. Anónimo
    6 / Febreiro/ 2007

    como mola, llevo años intentando verlo por dentro y nada, gracias al que consiguio las fotos me hago algo mas de idea.¿como entrastes?k.

  21. 6 / Febreiro/ 2007

    K., la respuesta a tu pregunta está en los comentarios de más arriba. :-)

  22. Rubén
    3 / Abril/ 2007

    ¿Alguén sabe cal é o nome do dono e se se podería contactar con el?
    Hai páxinas que poñen que o propietario é don Manuel Taboada Fernández, conde de Borraxeiros pero xa está morto.
    Moitas grazas.

  23. 30 / Maio/ 2007

    sería fermoso que lugares coma este se puidesen recuperar para o disfrute da xente. Imaxinabame a ultima vez que estiven alí fora das suas murallas o que sería poder dar un concerto no interior dalgunha das suas estancias, sería como revivir outro tempo de esplendor que esas pedras viviron.
    XUNTEMOS FORZAS E TENTEMOS QUE RELIQUIAS COMA ESTÁS NON SIGAN NO ABANDONO

  24. 6 / Xuño/ 2007

    Muchas gracias por haber puesto estas fotos en el sitio web. Acabo de visitar el castillo hace unas semanas, pero desde luego, no pude entrar. Soy escritora de novelas románticas, y una parte del cuento que estoy escribiendo ahora mismo tiene lugar en ese castillo, o mejor dicho, un castillo ficticio muy parecido al castillo de Pambre. Muchísimas gracias de nuevo! Las fotos me ayudaron mucho.

  25. 6 / Xuño/ 2007

    Gail, un placer que hayas pasado por aquí. Ahora tendrás que volver de nuevo cuando publiques el cuento para avisarnos. :-)

  26. 6 / Xuño/ 2007

    Pues, no sé exactamente cuándo será publicado el libro — 2008 probablemente, pero no me han dado la fecha todavía. En cuanto lo sepa, os avisaré! Y me encantaría regresar a Galicia, es la parte de españa que me gusta más (por mis raíces celtas, sin duda).

  27. Anónimo
    6 / Xuño/ 2007

    moi bomnito

  28. Francisco Carlos Ulloa
    2 / Xullo/ 2007

    hola soy de patagonia Argentina estoy buscando mis raices, el apellido es celta???, en que paginas podria explorar para saber mas… nuevamente gracias

  29. Francisco Carlos Ulloa
    2 / Xullo/ 2007

    disculpen si mi pedido esta fuera de contexto pero no se a quien recurrir, gracias nuevamente

  30. mercuccio
    4 / Xullo/ 2007

    Eu logrei entrar,xa que sei dunha forma de colarme no castelo ainda que non logrei ver muito xa que cando cheguei ós horreos da entrada vin un automobil(non sei se habia alguen nel)e funme por patas,non fora a ser cousa.

  31. Fernando
    30 / Outubro/ 2007

    Enhorabuena por el reportaje que habéis hecho. He estado muchas veces a las puertas de este castillo y siempre he sentido mucha curiosidad por conocerlo por dentro. Así que os agradezco que me hayáis dado la posibilidad de verlo.
    Un saludo.

  32. Xosé
    4 / Febreiro/ 2008

    Cuando era un adolescente con 14 años empecé mis escapadas en moto a Pambre y a San Paio de Narla (Friol)fueron muchos dias y cientos de horas observandolos, imaginando como habrian vivido sus moradores, como habria sido el dia a dia de esas gentes en un lugar de ensueño, en San Paio tenia la suerte de que apesar de estar cerrado, la señora encargada de cuidarlo en aquella epoca vivia al lado del castillo y jamas me puso inconveniente para abrirme la puerta, lo conocia cada rincon igual que si fuese mi casa pero este de Pambre solo una vez consegui que me dejasen entrar, el propietario estaba reformando una vivienda y eran otros tiempos uno no iba preparado con una camara y apenas lo recuerdo por dentro, felicidades por haber conseguido esas fotos, esperemos que haya suerte y alguien eche mano y no se deje perder lo que es patrimonio de todos los gallegos

  33. Núria
    7 / Abril/ 2008

    Hola! me gustaría saber si tienes información sobre el pazo de los Ulloa o pazo de Vilamaior, que esta cerca de Palas de Rei, estoy buscando su historia y fotografias antiguas y por desgracia no encuentro nada, he visto tu pagina que hablas sobre el cartillo de Pambre y quizás puedas saber donde encontrar información.
    Attment: Núria

  34. 8 / Agosto/ 2008

    Moi bo artigo :). Moi apreciado os mapas 3D que fixeches.

    P.D: O tema de Santa Eulalia de Bóbeda e mellor deixalo asi.. xD.. eu a primeira vez qye tentei visitalo foi facendo o camiño de santiago… desvieime un carallo pra encontrarme as portas pechadas a cal e canto.

  35. 9 / Xuño/ 2009

    Yo tuve la mala suerte de entrar de casualidad, ya que el acceso está ahora mismo mas que facil y un feroz animal se abalanzo sobre mi y me mordio la pierna. Solo os pido que tengais cuidado ya que por lo que me han dicho en el centro de salud de Melide, lleva atacando personas desde al menos un año atras.

  36. Suso
    20 / Novembro/ 2009

    Eu considerome afortunado de ollalo por dentro,foi unha visita rapida e non tiven tempo a miralo a fondo,foi hai moitos anos;ainda asi teño recordos do interior:da capela,das casas,dunha pasaxe segreda….que dician non se atreveran cruzar,e non sabian onde saia.Unha pena miralo neste estado,cada vez que me acerco por ali,veñenseme estes recordos….esperemos poidamos volver visitalo nalgunha ocasion.

  37. Ana
    26 / Novembro/ 2009

    Un castelo de lenda no corazón de Galicia…e con dragón incluído!!
    Rocío, pasoume o mesmo que a ti este pasado domingo, e polo visto o mesmo que a moita máis xente, que por curiosidade ou por casualidade acceden ao interior. No meu caso so pretendía arrodearlo por fora pero cando me quixen dar conta estaba dentro e botouseme enriba un tremendo can que non avisou nin cun ladrido. Susto de morte, o brazo cheo de puntos…e a sorte de poder contalo. E incrible que un acceso tan fácilmente practicable non teña sinalizado o perigo que a un lle espera ao outro lado, incrible que haxa accesos practicables cunha besta dentro entrenada, mais que para defender, para atacar. O animal non ten culpa, moito máis animal é quen permite que pase esto.
    Por certo, o ano que ven, é xacobeo ¿cantos peregrinos terán a curiosidade de dar unha volta por ali?
    No Googleway que estrenou a Xunta deberían avisalo…podería ser un marrón que morrera alguén intentando ver un ben de interese cultural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará