


No Novo Mundo vínicola (América, África, Australia) están facendo grandísimos traballos de deseño de marcas de viño que se cadra suplan moitas veces algúns problemas de elaboración. Unha boa mostra é este viño que xorde ao redor do concepto de viaxe. Iso si, curiosa e sospeitosamente, non se sabe que viño é. (vía)

eu, cando merco un viño para oss meus posibles invitados. (eu non podo vevelo)fixome moito no deseño…por que sei que os chupons que teño por amighos, entralle tanto polos ollos como por a gorxa, de todos os xeitos recomendasme un biñaso, de fora, para quedar ben este nadal? saúdos
Vou meter o fuciño donde o mellor non deberia. O asunto do viño é lixeiramente complicado nun pais que hai moitos e bos viños, e que depende bastante da apreciación de cada un.
Ben, chegado eiqui, quero romper unha “lanza” polos viños galegos.
Son dos que opinan, que, en brancos temos algúns dos mellores do mundo, dito sen complexo ningún.
Hai tres castes de uva que so dan bos viños eiqui: Albariño, Godello, Treixadura e adegueiros que tentan facelo cada vez mellor, ainda que polo que se ve, ninguén é profeta na súa terra.
Saúdos.
an, os viñasos sempre dependen dos prezos e dos gustos dos teus amigos. Ti, que os coñeces ben, podes consultar as reseñas de viño que teño na sección Paparotas & Co ou na sección Viño. Na maior parte deles hai prezos. Por suposto, tamén tes o Wine Codex.
Xabres, quen lea este blog saberá o moito e ben que se ten falado de moitos viños galegos. Pero, por sorte, tamén falamos de viños do resto do mundo, na medida das nosas posibilidades. Unha cousa non exclúe a outra.
grazas, viños galegos teño…pero sempre queren algo novo…non sei…este ano o mellor vai ser auga…saúdos e grazas