Estás en Paparotas & Co
Xa teño unhas gañas tremendas de ver o novo filme de Jorge Coira. Parece auténtico, intenso e algo íntimo coma os bos xantares ao redor dos que xiran as diferentes historias. (vía)
Moito me rin. Que ben comín. Resumámolo así.
Conforme vas subindo a Vía dei Tribunali, en Nápoles, atopamos pendurado dun balcón o seguinte anuncio:
Que traducido, vén dicindo o seguinte:
AVISO: A pizzería Sorbillo non ten …
Empanada de atún. Fotos: Sole
A marca luguesa Kentes remíteme dúas empanadas para “fondo de neveira” para probar. Confeso que non lle adoito ter medo ao concepto ‘comida precociñada’, senón ao de cociña mal feita ou …
Remítenme un exemplar de Caney. Breve historia de la cocina, una reflexión para sibaritas, sobre gastronomía en Galicia y el nacimiento de un perfecto modelo contrastable, de Xurxo Fernández, editado polo restaurante Caney de Santiago. …
Outra das centenarias casas de comidas do país, e moi pouco coñecida. Casa Isolina naceu en 1878 en Taragoña (Rianxo) como fonda e forno de pan, e hoxe é unha boca-boca indispensable para os amantes da gastronomía que se achegan polo Barbanza.
O título deste post é a versión light do título do web What the fuck should I make for dinner. Un aconsellador de pratos que non se anda con medias tintas.
Todos están nos barrios novos de Compostela, e iso quere dicir algo. Pero ademáis están comprometidos cunha gastronomía de calidade, suculenta e informal a menos de 20 euros. Son a nova xeración da hostelería en Santiago.
Tocarmos os límites da exclusividade no mundo dos viños e valorármola. Descubrir, entender, descomprender e volver comezar. Unha crónica da Gran Catanza: onde tocamos mundos por explorar.











