As miñas conversas con R

Pois si, sigo sen Internet na casa, como mandan os cánones. Xa van alá máis de dous meses e medio agardando polo condenado traslado de liña (teño contrato con Telefónica) ou pola instalación de R -que chega xusto ata enfronte da porta e que ten un almacén técnico en fronte!-. Dous meses e medio sen Internet no centro de Santiago, que indica a ríxida estrutura das nosas operadoras de telecomunicacións e o seguro éxito dos primeiros que se atrevan cun novo modelo de empresa baseada no Wimax e na calidade do servizo.

En pasadas edicións transcribín as miñas gloriosas conversas co 1004 de Telefónica. Pero se quero ser ecuánime, non podo menos que reproducir tamén as míticas conversas co 1445 e extensións derivadas de R. Alá imos:

-Turuturururururru. R, ¿en que podo axudarlle?
-Si, mire, é que na comunidade asinamos co seu comercial o contrato de instalación de R no edificio hai catro semanas e quería saber cando nolo van instalar.
-¿É vostede o Presidente da comunidade?
-Um, non, pero se non me trabuco nin o Presidente nin os administradores recibiron aínda ningún aviso de instalación. (…)
-A ver, déixeme mirar a sua rúa…si, efectivamente, aquí vexo que a instalación da liña se fará no curso do ano 2006…
-¡¡¡¡¡¡!!!!!! Desculpe, ¿poderíame concretar se será en marzo ou abril do 2006 ou en decembro do 2006?
-Ui, non señor, por suposto que non, hai moitas circunstancias alleas á compañía que poden retrasar a instalación.
-Enton, ¿por que a súa comercial, na xuntanza da comunidade de veciños, nos asegurou que estaría instalada en tres semanas ou un mes?

(Silencio da outra banda do teléfono)
(Silencio)

-Oia, ¿está aí? -digo
-Mire, señor, yo no le puedo saber eso -responde a operadora con voz mosqueada (nótese o cambio do idioma, ai, carallo, comezamos a falar en serio…) .
-Pois páseme con alguén que me dé prazos máis concretos, se fai o favor. Co seu responsable, por exemplo.
-No, señor, es que no tengo más información.
-De acordo, vostede non dispón de máis información, pero quero crer que alguén na compañía si dispón.

(varios rifirrafes máis)

-Mire, llame a este número: 1448 (creo lembrar)

Chamo ao 1448.

-¿Atención ao cliente de R?
-Um, chamo por isto -cóntolle a miña historia.
-¿Como lle deron este número? -pregunta a operadora extrañada.
-Para librarse de min, supoño.

(Silencio)
-Mire, só quero que me concreten os prazos porque a súa axente asegurounos unhas datas de instalación e supoño que nos quererán comunicar os novos prazos e ternos ao día…
-¿Que enderezo ten o seu edificio, señor?
-¿Pódeme pasar cun responsábel que me concrete os prazos, se é tan amable?
-É que non dispomos desa información, señor.
-Pois páseme con alguén que poida dispór dela, se é tan amable. Fixeron unha promesa e non a están a cumprir.
-Mire, es que aquí no hay nadie que lo sepa (cambio de idioma, again, ¿esgotarase o manual corporativo de R?). ¿Puede darme su número de teléfono para que le llamemos y le concretemos estos plazos?
-Sabes perfectamente que non me ides chamar.
-No señor, no, le chamaremos (mestura de idiomas).
-Non, non me ides chamar.
-Si, yo ahora mismo le paso esta incidencia al departamento correspondiente…
-Vale, moitas grazas. Adeus.

E, por suposto, non chamaron.

P.D. A todo isto, hoxe pola tarde, vin un glorioso camión de Montelnor -subcontrata de Telefónica- e falei cun fermoso e marabilloso empregado co mono de Telefónica que estaban comezando a meter o cabo no edificio.

R perderá 50 clientes polo seu retraso.

Anteriores capítulos do meu drama persoal para conseguir ter Internet no centro de Santiago: The dark men, again; Telehisteria ; Como nos enganan as compañías.

9 Comentarios

  1. Anónimo
    16 / Marzo/ 2006

    Juan Castro di:

    Tanta información por aí solta, e tan poucas mans que dispoñen da realmente relevante…

    Éche unha desgracia.

    Pero non te angusties, para min que xa se están descargando esa información e que cha van comunicar en breve. Como moito en… ¿4.381 anos, quizais?

    Por certo, ese post anterior recórdame a un monólogo de Buenafuente no que dicía que unha vez navegara tanto, tanto, tanto, que chegara a última pantalla de Internet, ¿e como era? Non o sabe, porque había un gran cadro que a tapaba, que poñía INSERT COIN

    PostMortem: Unha idea para Varsasky. Se FON non lle furrula, que invente “Internet a través dos tarros baleiros dos iogures”, como os nosos primeiros teléfonos caseiros.

  2. Anónimo
    16 / Marzo/ 2006

    Juan Castro di:

    Tanta información por aí solta, e tan poucas mans que dispoñen da realmente relevante…

    Éche unha desgracia.

    Pero non te angusties, para min que xa se están descargando esa información e que cha van comunicar en breve. Como moito en… ¿4.381 anos, quizais?

    Por certo, ese post anterior recórdame a un monólogo de Buenafuente no que dicía que unha vez navegara tanto, tanto, tanto, que chegara a última pantalla de Internet, ¿e como era? Non o sabe, porque había un gran cadro que a tapaba, que poñía INSERT COIN

    PostMortem: Unha idea para Varsasky. Se FON non lle furrula, que invente “Internet a través dos tarros baleiros dos iogures”, como os nosos primeiros teléfonos caseiros.

  3. 17 / Marzo/ 2006

    O bo disto é saber positivamente que un ten un cerebro tan limitado que nunca se poderá meter dentro del nin a centésima parte de toda esta información. Reconforta. Sempre me gustou a noción -un tanto soviet- do ‘cerebro distribuído’. :-)

  4. Anónimo
    17 / Marzo/ 2006

    Juan Castro di:

    Se Marcos estivera lendo isto, diríanos que para metelo no cerebro só teríamos que facer unha “render farm” ou aumentarlle a ram (sabías que queimou a placa base durante o traballo da Praza Roxa???)

    Como non está direi que o do “cerebro distribuido” realmente xa o inventou dalgunha forma a propia evolución natural.

    Aínda que concentrado fundamentalmente nun “bulto grande” o noso sistema encefálico (percepción, atención, memoria e razón) é un nodo que só funciona se está conectado a outros. Durante un tempo pode ser un “cerebro wifi”, desconectado da civilización, pero tarde ou temprano ten que volver a “enchufarse á rede” pa non tolear ou perder as súas capacidades.

    Descoñezo se hai estudios sobre esa área, pero penso que sería interesante analizar a socialización e a cultura dende un punto d vista fisiolóxico, como unha necesidade de “alimentación” do encéfalo.

    Seino, é unha ida de olla. Debe ser este tempo gris que induce á melancolía ciberexistencial (hai q ver q pedante podo ser ás veces)

    En fin. Éche o que hai

  5. Anónimo
    18 / Marzo/ 2006

    eu dende que vivo a 300 metros da catedral de santiago e **non hai cobertura ADSL** na miña casa tamen teño algunha que outra conversa destes tipos… e leo habitualmente:
    http://elteleoperador.blogspot.com/

    berto
    http://chuza.org

  6. 18 / Marzo/ 2006

    Juan:

    Efectivamente, coido que existen estudos sobre como parte da estrutura cerebral se moldea na infancia en función do exercicio de determinadas habilidades sociais, como a fala, etc.

  7. 18 / Marzo/ 2006

    Grandiosa ligazón, Berto.- Lembro que un dos casos máis graves de violencia verbal foi a conversa dunha HORA dun amigo meu -un tanto sulfurado, hai que dicilo- co número de información de Telefónica, no que comezaron con trámites administrativos e acabaron con polémicas idiomáticas e insultos á familia. Eu coido que, en realidade, non comprendemos ben estas conversas. Seguro que son un xénero literario de fición e aínda non nos dimos de conta. :-)

  8. Anónimo
    19 / Marzo/ 2006

    Estou certo de que R é peor que telefónica en todo isto da atención telefónica…

    Supoño que xa coñeceríades isto, pero por se acaso.

    http://www.wimaxgal.com/cobertura.htm

    Igual no centro centro de santiago hai efecto sombra pero ao pé da catedral e mirando ao pedroso… non sei. Eu probei nunha zona de Ames perto dunha zona de sombra e sen visión directa e dixeron que non podía ser.

    Saudiña

  9. Anónimo
    6 / Febreiro/ 2007

    O de WIMAXGAL esta ben se non fose por que che pechan os portos, polo tanto non podes usar programas como emule, azureus …..Segun eles INTERNET é algo mais que poder facer descargas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *