the dark men, again

Última actualización o 17 / Febreiro/ 2006

-Bos días, chámolle de Telefónica.
-Non me diga.
-Era para facer un traslado de liña…
-Xa (aproveito para responder un correo)
-Mire, é para facer un traslado dende a rúa Santa Paciencia número 8, 4-C…
-Ata a rúa Santa Paciencia número 8, 4-C… – contesto.
-Si, ¿cando lle vén ben?
-¿Vostede non se dá conta do que lle acabo de dicir?

Silencio. Imaxínome ao señor rañando a cabeza.

-Um. Pero é a mesma rúa.
-Efectivamente. Como xa llo dixen a un compañeiro seu a semana pasada. E a outro a semana anterior. E ao 1004 un montón de veces.
-Um, vaia.

Chamamos ao 1004. Again.
-Si, señor, xa vexo aquí que chamaron 14 veces solicitando o traslado.
-Pero os técnicos seguen a ter a información inexacta.
-Si, señor.
-E seguirana tendo despois desta chamada.

Silencio.

Agora xa o digo moi en serio. Coido que había anos que non vía unha empresa tan inútil. Non consigo comprender como Telefónica -independentemente do apoio político e da inercia histórica- aínda mantén un volume de beneficios tan brutal, sen ter consolidado a canle do cliente de ningún xeito. Imaxínome que, en parte, porque o resto das compañías teñen un nivel de atención tan precario.

Actualización 17/02: …e preguntaraste, ¿por que non te pasas a R? Pois porque tampouco chega ata este edificio situado en pleno Santiago, porque tampouco deron durante máis de mes e medio a mínima explicación de cando ían cablear e van con calma -estou tan convencido diso- porque saben que Telefónica non chegará ata que cambie o router dunha centraliña próxima dentro dun par de meses e gañaran sen problemas á competencia. Vergoñento.

En fin, permíteme este esputo dialéctico.

Sé o primeiro en comentar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *