Última actualización o 9 / Febreiro/ 2006
-Ola, bos días, chámolle de aquí de Telefónica.
-¡Home! ¡Canto tempo!
-Mire, que é para ver se podía pasar pola tarde a instalarlle a liña ADSL.
-Aghá.
-Imos ver: solicitouse o traslado dunha liña que estaba na Rúa Santa Paciencia número 8, 4-C…
-Efectivamente.
-E téñolla que instalar na Rúa Santa Paciencia número 8, 4-C. Pódeme dicir onde queda, máis ou menos?
-¡…!
-¿Oiga?
-¿Pero vostede non ve que é o mesmo domicilio?
-Ah, non sei, aquí no papel é o que me aparece.
-¿Pero como van a instalar a liña no mesmo domicilio do que solicitamos o traslado?
-Pois foi o que nos mandaron de Madrí.
-Non, mire, ten que haber un erro, nós solicitamos o traslado para a Rúa de Xob, 11, 3-B. Tres veces, xa.
-Ah.
-¿Pero xa conseguiron traer a liña ata a Rúa de Xob?
-Um. Pois nin idea.
E seguimos.

Sé o primeiro en comentar