Un xogo de sábado noite: a fundación de Luania

Last updated on 13 / Novembro/ 2011

Aquí te podes descargar un modelo en Google Earth que é un esbozo de como podería ser o castellum de Luania, por suposto moi provisional e con certas concesións á imaxinación, pero permite comprender un pouco ese espazo. Pero claro, tamén ten un xogo pequeno de sábado noite. Inicialmente pensabamos que Luania era unha posición de avistamento sobre o mar (e pode selo tamén), pero determinados indicios nos fan pensar que o seu papel tamén era outro en relación ao control viario dun camiño que aínda non está claramente documentado pero do que temos indicios que cheiran moito. Un camiño que sería a vía de comunicación máis directa entre dous importantes poboacións galegas. Así que convídoche a que explores o modelo en Google Earth para coñecer unha conxetura sobre a fundación de Luania, máis alá da súa existencia clara como castellum nos séculos X-XII. É só unha chiscadela, pero hai cousas que nos están chamando a atención.

Descarga o modelo.

12 Comments

  1. david
    12 / Novembro/ 2011

    Latinista ;)

  2. 12 / Novembro/ 2011

    Un tipo rápido. ;-)

  3. 13 / Novembro/ 2011

    Anselmo López Ferreiro e a vía romana que subiría polo tambre até Negreira?

  4. 13 / Novembro/ 2011

    Ben pensado, Calidonia, pero esa vía non sería exactamente a mesma, xenón outra que conduciría de Grandimiro a Iria Flavia. E é fascinante a relación entre a posibilidade da vía e unha orografía e toponimia vinculada a elas. Pero non só o único. A ver se en 2012 podemos avanzar algo en certas ideas que me rondan pola cabeza ao respecto e que me sorprenderon na última visita a Luania.

  5. 13 / Novembro/ 2011

    Pois si, a verdade é que o pobre lexionario leva a súa razón animando ao divertimento, pero o gúguel non lle fai xustiza ao que dende alí se debe ver. De todos xeitos, mirando ben, o centinela de Luania ten ben controlado o curso do Tambre, pero tamén ten á mesma distancia a ruta entre Noia e Iria Flavia. Ademais, controla todo o val do Xallas (o tributario do Tambre, non o outro) polo que se pode acceder directamente as chairas xalleiras.

  6. Bernardo Dios
    13 / Novembro/ 2011

    Eneida-Virxilio-Augusto?

  7. elixio
    13 / Novembro/ 2011

    Aí vai unha ruta que non deixa de ser froito da imaxinación:
    Estaríamos en castelo da Luaña (ou Nimo)
    http://patrimoniogalego.net/index.php/2011/10/castelo-de-nimo/
    baixaríamos polo canón do Tambre, despois de cruzar o Tambre pola desaparecida ponte de Insua, preto da Capela de San Gregorio e Mosterio de Corenza:

    http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2011/02/06/unha-ribeira-sacra-conxelada-no-tempo-i-o-eremitorio-de-san-gregorio-no-tambre/

    Despois viría a subida a capela San Xoán do Carballoso (Fornos, onde apareceu os restos de calzada)
    http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/01/08/0003_8213587.htm?idioma=galego

    Despois viría Cando (atopouse a Ara de Cando)
    http://noyaymuros.com/turismo-rural-galicia/outes/outes-historia-los-romanos/gmx-niv75-con52.htm
    En Cando (que non está na costa, por eso da “per loca marítima” e está moi preto do Castelo de Ínsua
    http://patrimoniogalego.net/index.php/2011/10/castelo-de-insua/

    Agora chegaríamos a un castro que estaría na ruta cara as terras altas despois de cruzar eses vales (preto de Banzas por certo)onde apareceu un ara romana
    Castro http://patrimoniogalego.net/index.php/2011/06/castro-de-s-ourente/
    Arade Banzas:(San Ourente)
    http://patrimoniogalego.net/index.php/2011/07/ara-de-banzas/
    E porque non, chegaríamos a Cornado
    http://www.manuelgago.org/blog/?s=cornado&x=0&y=0

    Xogo. Enlazar os puntos no Mapa

  8. Xosé
    14 / Novembro/ 2011

    No vello muiño da aldea de Nimo, sempre me chamou atención o empedrado que ten o camiño que hai a carón del, xa moi gastado e coas marcas das rodas dos carros. Non sei se o viches, e se podería ter algo que ver con todo isto.

  9. avelino gonzalez
    25 / Marzo/ 2012

    Só un apunte de toponimia. dixéronme en Viladanta (vaia nome) que o castelo máis contra o castela da Ínsua chámase “Castelo Bandeira” e o de atrás “Caselo Miúdo”.
    Eu no “de atrás”, teño as miñas dúbidas de cal é. Pero o paisano non tiña máis vontade de falar.

  10. 25 / Marzo/ 2012

    Cando dis que o castelo máis contra o castelo da Ínsua, refíreste da outra banda do río, da de Outes?

  11. avelino
    26 / Marzo/ 2012

    O Castelo de Luania ten varios corotos, entón Castelo Bandeira sería, deses corotos, o último mirando hacia o Castelo da Ínsua, pero o último dentro do Castelo de Luania. Pero eu fágome un pequeno lío cos corotos que alí hai. Pero dende Viladante (non Viladanta) só se ven tres: o principal que ten máis pedra tirada ó redor e un a cada lado, o máis botado encima do río sería o Castelo Bandeira. (Uf, que difícil me é explicar isto. Se non fun claro vexo de facelo nun mapa)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará