Unha Ribeira Sacra conxelada no tempo (II): E a devesa agochou o mosteiro

Last updated on 9 / Febreiro/ 2011

Trala publicación do post do domingo sobre o eremitorio de San Gregorio na ribeira do río Tambre, no que me laiaba do difícil que resultaba atopar o mosteiro de Corentia / Cuarenza, abandonado a iso do XVI-XVII, Xermán García Romai volveuse compadecer de min. Envioume un correo coa presenza visible de dúas estruturas, tal onde lle dixera un vello informante que lle falara do San Gregorio. “San Gregorio era a capela, pero arriba todo dereito estaba o mosteiro”, dicía o vello.

Xermán voou co SIXPAC por riba do San Gregorio, e explorou unha zona que a min nin se me ocorrera mirar na miña procura do mosteiro, ou na que no Google Maps apenas se percibía. Pois arriba todo dereito, efectivamente, aparecen dúas estruturas. A maior parece unha igrexa. ¿Será o mosteiro de Corentia? Pero hai algo que me resultou tan marabilloso no teórico como difícil no práctico. A secuencia fotográfica que ides ver amosa como a Devesa de Nimo, esa espesa e fermosa fraga que moi pouca xente coñece, devora literalmente no seu interior a este antigo mosteiro de orixe altomedieval. E este abandono tan inexcusable aos responsables da cousa pública resulta ao mesmo tempo admirable, mesmo fermoso, desde o punto de vista dunha natureza que sempre se sobrepón, que é o destino de todo.


SIXPAC. Posiblemente 2005.


Google Maps. 2007.


Google Maps. 2009.

Se non houbo transformación humana posterior a 2009, Corentia estará hoxe totalmente xa oculta pola vexetación. Iso significará que, se é así, nos teremos que meter nunha auténtica xungla para conseguir chegar a este lugar e o mosteiro, e entender mellor o tempo e o lugar do misterioso castelo de Luania, punto de partida das Repúblicas de Homes Libres. Sospeito que Corentia e Luania teñen máis en común que topónimos de fermosa sonoridade.

11 Comments

  1. barmons
    9 / Febreiro/ 2011

    Noraboa polas publicacións!
    Pese a que son de Noia, confeso a miña completa ignorancia sobre a existencia de unha traición monástica na beira do Tambre.
    Non vexo o momento de voltar a casa (nestos momentos estou emigrado en Suiza) e disfrutar dunha camiñata entre o monte para descubrir o mosteiro perdido.

    Grazas, un saúdo!

  2. Xosé
    9 / Febreiro/ 2011

    Como está na primeira foto é como o recordo eu. Estando no sito podíanse ver, tamén, no chan, unhas lousas, que polo que me dixo meu tío, cando eu era un rapáz, eran as tumbas dos frades. Aínda que o único que eu vía, daquela, era unhas pedras alongadas.

  3. 9 / Febreiro/ 2011

    Xosé, o teu comentario é moi valioso.

    O das lousas no chan, se non as identificaches claramente desde o principio como lápidas, é un detalle moi importante. Hai outros cemiterios antigos perdidos polos montes do barbanza nos que as tumbas están tapadas con estas lousas máis ou menos planas, pero sen apariencia de “tumbas”, se as ves sen escavar.

    Se conseguimos chegar ata aló buscareinas, a ver se hai sorte.

  4. 10 / Febreiro/ 2011

    hummm.. qué interesante! teño ganas de arrimarme ata alí… !!! iso promete dende logo.. ten pinta de ser unha inmensa toxeira ou incluso millor! unha boa silveira jajajajaj

  5. 10 / Febreiro/ 2011

    Polo tipo de verde e de vexetación que se ve por aí moito me temo, para a nosa desgraza, que debe ser unha tupida silveirada. Vaiamos asumindo os gotóns de sangue na media perna. :(

  6. SergioLousame
    10 / Febreiro/ 2011

    Noraboa,

    Moi interesantes as publicacións de San Gregorio e Corentia.
    Tamén eu estivera a mirar mapas no sitga para ver se atopaba algo,
    e despois de ler este artigo teu, doume conta do que eran eses muros que xa aparecían neste mapa: http://sitga.xunta.es/sitga/pdf5000/09481d.pdf
    Xusto onde ti sitúas estas duas edificación.

    Con moitas ganas de que descobras novas cousas axiña para que nolas poidas amosar.

    Saudos!

  7. Elixio Vieites
    20 / Marzo/ 2011

    Vou aportar algún documento e algunha lenda que siga mantendo dentro do posible o interés pola zona que estades a tratar
    1ª Libro: O Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos. Pedro Fiaño. Edita Concello De Lousame.D.L.:C-789-93 ISBN:84-606-1176-0 (1993)gráficas Sementeira.Noia-

    Pax 13.CORENZA É importante destacar que Toxosoutos estaba á corta distancia de 3 km de S. Martiño de Corenza(2*), mosteiro este que existía con anterioridadea S. Xusto e que coa súa pouca ou moita actividade disfrutaba da súa influencia abadial e aproveitábase da riqueza pesqueira que o Tambre posuía….”Esto provocou desavenencias, pleitos, peleas (algunhas das cales finalizaron con derramamento de sangue :(3*))e que se nun principio se centraban na posesión de recursos da comarca (montes, pequenas produccións agrícolas,frutais, gando etc.)agudízase máis tarde pola doación feita polo rei FernandoII( rei entre 1157-1188) A Toxosoustos das terras de Entíns e da zona demarcada no Tambre, de Lueiro e Mirou. Debido a esto, aumentou a rivalidade que ao correr dos anos acabou por eclipsar a S. Martiño.”..Os beneficios de Toxosoutos ficaban a crear riqueza en San Xusto. Os de Corenza, como priorato,ían a Santiago a engrosa-las de Antealtares”
    2* :San martiño de Corenza da orde benedictina, que nun principio foi abadía independente e din chamábase S. Pedro, situado na marxe esquerda do Tambre, perto das aldeas de de Vilardante e Vilarfabeiro, frente ao lugar de Insua, anexionouse no ano 990 a San paio de Antealtares(López Ferreiro,Historia de la Santa A.M Iglesia Santiago tomo II,pax. 397)Nel ficou ata 1487,en que ambos se incorporaron a S- Martiño Pinario. A fins do século XVI uníuse a Sta.María de Roo(Cardenal Del Hoyo.Memorias del arzobispado de Santiago.pax.188. Na actualídade a súa pasada existencia pasa por descoñecida.

    ANOTACIóN MIÑA: A frase “pasa por decoñecida” podía ser que non tivera constancia das ruinas da fotografía.Pero na pax. 16 ven un croquis cos lugares doados polo rei D. Fernando II a Toxosoutos. O autor (Pedro Fiaño)
    aprecia como dentro do croquis está ubicado S. Martiño de Corenza. O sitio coincide exactamnete co lugar que se expon nesta web de Manuel Gago.

    3*:Arquivo Histórico do Reino de Galicia- Arquivo Eclesiástico,nº449

    pax 21:”En moitos lugares deixouse de celebra-lo culto divino (13*)e os seus abades e priores gastaban os seus ingresos en usos profanos e pouco edificantes” *13. En 1437 non se celebra culto no mosteiro de S.Martiño de Corenza e o seu prior frei Xil Alonso,que dispuxera dos bens sagrado do dito mosteiro e empeñadp ao veciño de Noia Gonzalvo de Louro o cáliz de prata en 55 maravedís, foi levado preso a Santiago polo abade de Antealtares, pero o dano xa estaba feito(A.H.R.G. eclesiástico, nº 449)

    No referente a existencia dunha ruta non sería moi desarcertado o paso por esa zona,cruzando a tambre pola antiga ponte perto do mosteiro(hai un cementerio ao lado das ruinas do mosteiro (S.Martiño Corenza) onde dín que se enterraban os de Insua ata que un día caeu a Ponte en pleno enterro dunha persoa .Caeron o río con cadaleito e todo, seica houbo mortos.Esto cóntase na zona)logo a subida por Insua. S Xoan do Carballoso, Perto do Castelo de Insua, estratéxico no pico da montaña(hai restos de pedras e contáronme que a xente que ía co gando ,fai moitos anos, entretíase tirando pedras a un pozo moi fondo con escadas, que alí había, para oír caer as pedras na auga(¿o pozo do castelo?) tan en frente ao castelo de Nimo, que parecían entre os dous, vixiar o canon do Tambre, algunha vía importante ou a entrada da ría).Ao lado a pedra Serpal ou do Berveo (¿Culto a Berovio deus celta?) atrevesaría ou baixaría por Cuns ou Cando, cruzando o Río Donas e cruzaría a Esfarrapa (existe un Castro, e atopouse a ara romana de Banzas (museo do pobo Galego), así como uns cultos moi arraigados na S. Adrián o pé do Castro. Virxe do Rial(fonte milagreira) e S. Campio (que curaba mal cativo e outras enfermidades nerviosas e algúns (enmeigados)
    Pero eu non son un historiador e esto merecería novas pescudas.Por certo o que está na fotografía está enriba da capela.Habería que mirar si e unha construcción de cando se fixo o embalse e a presa que leva a agua por aí ou é en verdade o resto do mosteiro. Un Saúdo

  8. karl
    14 / Maio/ 2013

    Pouco despois de facerse o encoro do Tambre esa construción estaba ben en ruinas e tampouco se distinguen pistas recentes ou camiños moi marcado, se busquei ben, estes muros non teñen nada que ver coas obras do encoro..

  9. karl
    14 / Maio/ 2013

    Referíame ao Voo Americano do 1950 e pico, incluído nas capas do CDIX

  10. karl
    14 / Maio/ 2013

    Neste voo aprécianse tallóns de leiras nas proximidades das ruínas, a zona debeu de ser cultivada no sec XX aínda (inicios e mediados). Saúdos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará