Aquí vai o pregón que pronunciei o venres na inauguración da XLVIII Feira do Viño do Ribeira.
Capítulo 0 Entradas
Un grupo de 17 aventureiros percorre cada dous meses as grandes adegas de cada unha das denominacións de orixe de Galicia. Viño en estado puro. Este é o último proxecto de enoturismo da distribuidora María Fechoría.

Descubrín o traballo do fotógrafo finés Kai Fagerström na última edición do Wildlife Photographer, onde foi merecente de recoñecemento pola súa fermosísima serie The House in the Woods (A casa no bosque). Nela, Fageström explora os procesos de reocupación dun espazo humano deshabitado por parte dos animais do bosque cunha elegancia e ternura marabillosas. Aquí e no interior do post tedes algunhas fotos.


Continúa vendo fotos no interior do post.
