Máis o que une que o que separa

Mañá, venres 1 de xullo, terei a inmensa honra de ser pregoeiro da XLVIII Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará toda esta fin de semana en Ribadavia. O pregón lerase ás 19:00 h. na Alameda de Ribadavia, por se te apetece achegarte ata alá a tomarlle (n) viños.

Preparando o pregón, topeime cunha historia moi curiosa sobre a tradicional vinculación entre o Ribeiro e os ingleses. Aínda en 1760 pola comarca paseaban os tratantes ingleses na procura dos mellores viños para importar a Inglaterra. O curioso é quen eran os seus guías locais para localizar as boas adegas, ir ata elas e apreciar (que era como se dicía entón ‘catar’) os viños: pois éranvos os propios curas do Ribeiro, que debían prestarse a tan dura tarefa seguramente por facerlle un favor tanto aos seus parroquianos como aos pobres ingleses que non sabían distinguir o bo do superior. Os sacerdotes acompañaban durante días aos tratantes para apreciar a colleita. Vese que o tema do protestantismo vs. catolicismo non era especialmente relevante nestas terras, aínda que un tempo antes, outra amonestación bispal advirte aos curas que non permitan que os ingleses se mesturen cos parroquianos, non vaia ser que se contaxien dos seus erros (protestantes, entendemos).

A carta do bispo aos seus presbíteros e capelláns, resumida, vén dicindo: “cortádevos un pouquiño”.

A historia cóntaa Samuel Eiján en Historia de Ribadavia y sus alrededores:

Un comentario

  1. Xerardo
    1 / Xullo/ 2011

    Shalom na Historia da vida e fala dos nosos devanceiros de Ferro Couselo, fanse mencion a testemuñas, manuscritos, arquivos e outras documentacions, moi interesantes sobor do Ribeiro e das suas xentes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *