Acábome de emocionar vendo este vídeo que me deixou Pepe nunha ligazón do anterior post…
Divulgación científica
Este estupendo vídeo realizado por Eladio Rial é a achega de patrimoniogalego.net que remitimos tralo…
Que Sabucedo é un lugar moi especial, que vive a Rapa das Bestas como algo que vai alén do puro divertimento, está fóra de toda dúbida. Cando me enterei desta historia, a de como os veciños andaban a procurar as orixes do mito da Rapa das Bestas botando man da arqueoloxía, quixen contala. Poucas veces se dá esa confluencia fermosa entre lenda e ciencia. Aquí vai.
Publicada orixinalmente en culturagalega.org o 5 de xuño de 2013

Estrutura doméstica exhumada na carballeira de A Cabana. Foto: Citania
OS ARQUEóLOGOS ESCAVARON EN SABUCEDO UNA CABANA MEDIEVAL QUE A TRADICIóN SINALA COMO A FAMOSA CASA DAS VELLAS
Na procura do mito orixinal
Moi poucas veces ocorre algo así. A parroquia estradense de Sabucedo, famosa pola súa senlleira Rapa das Bestas, contratou a un equipo de arqueólogos para tentar aproximarse ás orixes lendarias da súa rapa e identificar nunhas ruínas dunha carballeira a mítica Casa das Vellas, un dos escenarios dunha lenda nacida hai cincocentos anos.
Os lectores de Capítulo Cero lembrarán a este aparatiño, o Escornacóptero, que nos leva acompañando…
