A pequena historia dun drone

Os lectores de Capítulo Cero lembrarán a este aparatiño, o Escornacóptero, que nos leva acompañando varios anos nos proxectos. Deunos as primeiras imaxes aéreas de Pena Furada, e tamén unha espectacular perspectiva da entrada da Torre dos Mouros, xa cun prototipo moi evolucionado. Agora, con moitos máis sensores, este drone curtido no toxo galego e desenvolvido para misións científicas de todo tipo no país tivo que emigrar e desenvolve proxectos de altos voos, nunca mellor dito, nun dos mellores grupos de fisioloxía vexetal do mundo, o das Illes Balears, e no Instituto Max Planck de Fisioloxía Molecular en Postdam. Nin o drone nin o seu dono se queixan, porque son duros coma eses toxos, e velaí demostran a súa nobreza. Quen nos deberamos queixar deberamos ser nós, pero ás veces penso que preferimos fozar e refozar no lameiro.

3 Comments

  1. 7 / Xuño/ 2013

    E non te esquezas da Illa dos Mortos!!

  2. 7 / Xuño/ 2013

    É verdade! O punto culminante na progresión! ;-)

  3. dorfun
    7 / Xuño/ 2013

    …o outro día na Guarda aínda pensei que alguén debería filmar cun destes as alfombras florais que se fan por algunhas vilas galegas (como a citada) …igual é técnicamente complicado, polas características das rúas estreitas, pero quédavos aquí como petición! :)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *