Dúas alumnas gañan os premios do programa ARGOS de emprendemento

Estamos de celebración. Dúas alumnas nosas, Jessica Méndez Lema e María Cruz Negreira Ruíz, gañaron con diferentes equipos o premio aos mellores proxectos empresariais a través do programa ARGOS, entregado hoxe pola mañá no rectorado da USC. Trátase dun programa de creación de equipos de persoas emprendedoras dispostas a traballar en equipo para desenvolver proxectos de negocio innovadores que supoñan unha alternativa laboral real cara ao futuro.

Jessica Méndez e María Cruz traballaran comigo no seu traballo de Fin de Grao, Meniñeiros, unha estupenda aplicación para tablets que explotaba a rica tradición oral galega para o público infantil. Por este traballo recibiran, do tribunal, a máxima cualificación: un 10.

No caso do programa ARGOS, cada unha traballou cun membro de equipo diferente para crear os proxectos Nexos (Jessica Méndez e Balbina Gándara), orientado a actividades de investigación histórica con aplicacións no campo do Dereito, comunicación empresarial, documentación de patrimonio cultural, e Jessica Méndez na actualización dun software que desenvolvemos en Novos Medios fai anos, Nostracker, baseado na análise da reputación e a conversación nas redes sociais.

Parabéns, Cruz e Jessica!!

Máis información na Innoteca

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *