Meniñeiros: un libro infantil interactivo para iOS

As miñas alumnas Jessica Méndez e Cruz Negreira, con ilustracións de Eduardo Gómez, veñen de presentar como Traballo Fin de Grao Meniñeiros, un libro infantil interactivo para iOS, obtendo a máxima cualificación. Como elas mesmas din:

Meniñeiros é unha antoloxía sobre os seres fantásticos do imaxinario galego en formato de libro electrónico. Dirixido a un público infantil de entre 6 e 8 anos, o obxectivo é achegar aos nenos e nenas as lendas da nosa tradición oral e favorecer a súa transmisión cultural.

Meniñeiros é unha colección de cinco capítulos con cadanseu personaxe protagonista: o trasno, o nubeiro, a coca, a meiga e a serpe. Son libros que introducen elementos multimedia e interactivos e que combinan os xogos e actividades cun conto onde os lectores poden escoller o seu propio itinerario narrativo. Trátase de favorecer a conxunción das novas tecnoloxías e a tradición cultural para crear un espazo onde os máis pequenos poidan divertirse mentres coñecen aos nosos seres fantásticos.

O primeiro dos libros (o que está dispoñible por agora) conta a historia do trasno. Jessica e Cruz fixeron un estupendo traballo tanto a nivel de desenvolvemento e produción técnica como de guionado. Meniñeiros pódese descargar de balde na iBook Store de Apple, incrementando a oferta de contidos infantís en galego nesta plataforma tecnolóxica tan relevante. Aquí tes o sitio web do libro e a súa páxina de Facebook.

3 Comments

  1. Olo
    18 / Xullo/ 2014

    Deberían mellorar no aspecto gráfico, agradecense estas iniciativas.

  2. 18 / Xullo/ 2014

    Non sei como sería a primeira aplicación que ti fixestes a nivel gráfico, pero creo que esta, para ser a primeira vez que se meten, non está nada mal. A partir de aí todo é mellorar, claro.

  3. olo
    18 / Xullo/ 2014

    Non está mal é certo, unha iniciativa moi boa. É unha opinión de usuario (nada experto gráficamente) destas aplicacións para miña familia, nada experto e moi agradecido por poder disfrutar de este traballo nos seguintes capítulos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *