A Estación de Baños de Molgas: o novo proxecto de Carlos Parra

Last updated on 14 / Decembro/ 2012


A estación de Baños de Molgas. Fotos: Sole

Os lectores de Capítulo Cero lembrarán o noso gusto polo Hotel El Ciervo, de Xares (A Veiga). Ir xantar a El Ciervo tiña moito de peregrinaxe peculiar: era un destes destinos un tanto secretos nos que te atopabas, no medio da nada, no medio do inverno e da montaña ourensana, a todo o mundo pasando unha fin dese semana. Basicamente, o artífice do miragre turístico era o cociñeiro: Carlos Parra. Un xestor singular con don de xentes e cociña confort moi enraizada na zona.

Agora, Carlos baixou da montaña para instalarse na estación de ferrocarril da fermosa vila de Baños de Molgas, dentro dun proxecto da Deputación de Ourense para darlle usos ás estacións do tren. Na de Baños de Molgas está a estación, un albergue, o museo Moncho Borrajo e o restaurante da Estación. Carlos está contento de como lle vai neste novo negocio, indubidablemente moito máis próximo a autoestradas e ao epicentro turístico de sitios como Allariz ou Ourense.

Os domingos, Carlos ofrece un máis que interesante menú todo incluído por 20 euros polo que paga a pena achegarse aló. Entremeses, o seu afamado arroz con botelo, que é un fixo no menú, un tournedó de solombo, carrillada, postres, con viño (Crego e Monaguillo) e café incluídos. Unha cociña agradable, para todos os públicos, a un prezo francamente bo. Paga a pena achegarse ata Baños de Molgas a darse un pequeno festival. É moi recomendable reservar previamente (988 437 563): o día que nós estivemos estaba a rebentar e Carlos comentounos que os domingos era así sempre.

3 Comments

  1. Sol
    9 / Xuño/ 2013

    El castillo es una preciosidad.
    La cena muy bien, pero de todo incluido nada de nada.
    Después de haberlo preguntado por teléfono,
    nos cobraron el vino a mayores y no barato.
    Eso, en los tiempo que corren, deberían decírtelo
    y darte lo opción de decidir si pedirlo o no.
    No me pareció correcto.

  2. 9 / Xuño/ 2013

    Boas, eu creo que non falei das ceas no Castelo, senón das comidas na Estación.

  3. Anónimo
    17 / Agosto/ 2013

    17/8/2013.nosotros comimos en la estación el dia 15/ 8 creo que fue.Para nosotros fue estupendo.De 0 a 10 ,no le ponemos el 10 porque no hay nada perfecto.Pensamos que por muy bien que parezca,siempre se puede mejorar.
    para nosotros un 8,en cuanto a la calidad;y el trato personal INMEJORABLE.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *