Pois volven as Repúblicas de Homes Libres! Con elas estiven traballando moito estes meses, pero moito do traballo é calado, máis sistemático, ou en fases que non ten moito sentido adaptar en termos de divulgación. Pero o seguinte episodio é de traca, como ides ver. Aquí tedes un trailer que presenta a seguinte fortificación das Repúblicas de Homes Libres, que publicarei mañá xoves, coincidindo cun acontecemento natural moi importante para comprender esta incrible fortaleza, o Castelo da Fin da Terra. Hai que ver o vídeo para comezar a alucinalo.
NOTA: Os que saibades onde está mantede os dedos caladiños para deixar disfrutar ao resto da intriga. :-)

Xa o dixen no post pero reitero aquí. Os que coñezades esta localización, estade caladiños, que así os demáis poden disfrutar do suspense.
eu sei onde é
Eu creio que também… :p
A Illa, aínda sabendo onde é, non ten desperdicio. E o relato supoño que será do máis interesante. A que hora é o pase?
Á tardiña, despois da merenda e antes da cea. :-)
Pois eu estiven por alí tiranlle fotos a illa sen pensar nos segredos que puidera gardar. Outra máis que lle debo a “Capítulo 0”.
Estaba o día como para ir pescar robalisas… Pensaba que talvez hoxe temos un coñecemento das paisaxes Galicia como ningunha das xeracións anteriores tiveron. Quen ía saber de visu hai 50 anos onde estaba un pedazo de costa así? Penso xa xa somos varios ou moitos os que vimos o vídeo que sabemos onde está o sitio..
está moi ao oeste, non si?
Xa hai resposta, non sei se a vistes:
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2012/10/11/republicas-de-homes-libres-o-castelo-da-fin-da-terra/
:-)