Repúblicas de Homes Libres: 3 de febreiro en Rialeda (Oleiros)

Con moito gusto e emoción participarei o 3 de febreiro ás 18:30 no ciclo Ler para saber A ciencia, que organizan as modélicas bibliotecas do concello de Oleiros. Será na Biblioteca de Rialeda (Perillo, Oleiros). Neste caso, darei unha conferencia para nenos e todo o que queira sumarsea partir de 10 anos de idade. Coñeceremos aos viquingos, as verdades e os mitos sobre eles, viaxaremos no tempo ata a Galicia do século X, aprenderemos a ler e interpretar textos históricos e teremos que resolver enigmas e situacións provocadas por estes díscolos normandos. Pero poño o programa enteiro porque me parece un luxazo que os nenos poidan disfrutar na súa biblioteca de semellante plantel de especialistas. Con frecuencia, neste país pensamos que as cousas caen do céo e non é así: toda esta xente está aquí porque quere estar, desinteresadamente, e porque hai un equipo de xestores culturais que decide facelo. Aquí está o programa enteiro en grande (pdf).

Eis Ler para saber A CIENCIA !!!
Charlas científicas e obradoiros dirixidos a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral. Lugar: Biblioteca Central Rialeda. Perillo. Horario: 18.30 h.

27 de xaneiro
“A vida nos mares do pasado: obradoiro de paleontoloxía para nenos/as”
Dr. Roberto Bao Casal, profesor titular da Universidade da Coruña, Departamento de Ciencias da Navegación e da Terra, área de Paleontoloxía.

3 de febreiro
“Repúblicas de Homes Libres: na procura dos viquingos en Galicia”
Dr. Manuel Gago Mariño, profesor asociado da Universidade de Santiago de Compostela,
na Facultade de Ciencias da Comunicación. Director de culturagalega.org, portal de divulgación do Consello da Cultura Galega.

10 de febreiro
“Enerxías renovables para o século XXI”
Dr. Óscar Cabeza Gras, profesor titular da Universidade da Coruña, Departamento de Física, área de Física Aplicada.

2 de marzo
“Petróglifos de Pena Furada”
Antón Fernández Malde, arqueólogo, director da equipa de investigación do Castro das Travesas.

9 de marzo
“Queres xogar con sólidos, líquidos e gases? Evapórate!”
Dra. Socorro Castro García, profesora titular da Universidade da Coruña, Departamento de Química Fundamental, área de Química Inorgánica.

16 de marzo
“A sorprendente utilidade das matemáticas”
Dr. José Manuel Rodríguez Seijo, profesor titular da Universidade da Coruña, Departamento de Métodos Matemáticos e de Representación, área de Matemática Aplicada.

23 de marzo
“O xardín de Mendel”
Dr. Andrés Martínez Lage, profesor titular da Universidade da Coruña, Vicedecano de Bioloxía, Departamento de Bioloxía Celular e Molecular, área de Xenética.

13 de abril
“Que noxo de ciencia!”
Francisco Doménech Casteleiro, químico, responsable da páxina web dos Museos Científicos Coruñeses (=mc2).

20 de abril
“A auga é para mollarse”
Francisco Armesto Ramón, biólogo, director técnico de proxectos dos Museos Científicos Coruñeses (=mc2).

27 de abril
“Unha viaxe á máquina da mente”
Dr. Xurxo Mariño Alfonso, profesor contratado da Universidade da Coruña, Departamento de Medicina. Investigador en Neurofisioloxía (Grupo Neurocom), divulgador e membro do Consello da Cultura Galega.

4 de maio
“Socorro! A Química rodéame!”
Dr. Moisés Canle López, profesor titular da Universidade da Coruña, Vicedecano de Química, Departamento de Química Física e Enxeñaría Química, área de Química Física.

5 Comments

  1. david
    25 / Xaneiro/ 2012

    que chulada!

  2. Pancho-Lapatianco
    26 / Xaneiro/ 2012

    Un novo reto, con nenos, que son máis esixentes. Pero xogas con vantaxe: tes entrenadora a domicilio ;) .

    Tentaremos asistir, se o traballo o permite. ¿Cadrará ben ese día para o asunto que temos pendente?.

  3. 26 / Xaneiro/ 2012

    Home, ten en conta que remataremos aproximadamente ás 20 h. Depende de esas persoas queren a esa hora. Por min sen problema. Falamos estes días. :-)

  4. 3 / Febreiro/ 2012

    Benquerido Manuel:

    Felícitote tamén aquí pola túa conferencia esta tarde en Perillo. E por todo o teu traballo en xeral, ese de abrir novas fiestras ao pensamento.
    Saúdos.

  5. 4 / Febreiro/ 2012

    Xosé Antón,

    Un pracer que estiveras por aló. Estamos en contacto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *