Massimo Bottura: un 3 estrelas para o humor e a vida


Bottura exultante coas súas tres estrelas Michelín. Foto: Luciana Bianchi

En abril deste ano viaxamos ata Módena para descubrir a gastronomía deste home, Massimo Bottura. Foi unha bonita noite de primavera, nun pequeno e labiríntico local nos que os pratos se descubrían a si mesmos: empratados cheos de humor e de amor, dunha paixón que vai máis alá dos tópicos italianos; un menú para disfrutar, para compartir e tamén para analizar, onde a técnica gastronómicoa -rigorosa- estaba ao servizo do pracer e das ideas creativas. Massimo Bottura nos dixera esa noite que a el, o que lle ía, era facer surf coa gastronomía. Hoxe, que recibimos a noticia de que acaba de recibir a terceira estrela Michelín do restaurante, sabemos que está na cresta dunha gran onda. Deséxolle que siga nela todo o tempo posible.

Aquí podes consultar a nosa visita de abril á Ostería Francescana, o seu restaurante.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *