Repúblicas de Homes Libres: conferencia en Ponteceso o venres 14 de outubro

Pois temos unha nova data para as conferencias das Repúblicas de Homes Libres. Desta volta será na libraría A Tenda dos Libros, en Ponteceso (Avda. de Anllóns, 2, baixo), o venres 14 de outubro ás 20:30 horas. Será a primeira conferencia das Repúblicas que impartirei na Costa da Morte, así que é obvio a que lle imos meter dente: falaremos sobre os ataques vikingos e normandos na costa galega, analizaremos algúns relatos das sagas máis que interesantes e repasaremos algúns fascinantes sitios arqueolóxicos altomedievais da Costa da Morte. Entrada de balde.

8 Comentarios

  1. roblamas
    28 / Setembro/ 2011

    Mi máaaa¡¡ Alabado sexa o señor¡

    A ver se chego non moi tarde, que teño que ir dende Vigo.

    Unha aperta¡

  2. 28 / Setembro/ 2011

    Uf, Roblamas, e vas ir exprofeso desde Vigo? Non te compensará esperar a que me chamen dalgunha asociación máis próxima a Vigo? Mira que son moitos quilómetros…

  3. Pepe Blanco
    28 / Setembro/ 2011

    Graza, Manuel. Verémonos

  4. roblamas
    29 / Setembro/ 2011

    Ola Manolo

    Vou pa Carballo, logo tentaréi chegar.

    Aínda que pese a todo, pagaría a pèna ir dende Vigo a escoitarte e aprender :))

    Un saúdo

  5. Farruco Graña
    12 / Outubro/ 2011

    Boas noites. Coñecín o teu blog por Manolo Medina (da Mariña lucense, agora non lmebro de Foz, Cervo, Burela ou Viveiro; eu case sempre me atopo con el en Foz). Agardo poder ir coñecendo máis a fondo o teu blog. Un saúdo.

  6. 12 / Outubro/ 2011

    Pois benvido, Farruco, e pasa por aquí cando queiras!

  7. roblamas
    1 / Novembro/ 2011

    Boa noite Manuel

    Parabéns polo desurso da excavación en Pena Furada. Abofé que quixen achegarme como che comentara por ahí, pero temas familiares e de traballo me tiveron lonxe.

    Envíoche as coodenadas do lugar que che falara (no SixPac, no concello de Cerceda (na estrada de A Silva cara a mesma- a 3 km aproxx.)

    (Monte ‘O Castillo’): con nomes coma Pedra Cerdeira, A Casa dos Cabalos…

    43º 9′ 55.41” N
    8º 32′ 7.99” W

    Aquí tamén se fala das ‘furnas’, buratos excavados na terra, algún deles que chegaba á aldea máis preto (Mixón)

    A maioría foron tapadas ou están asulagadas

    Outros preto: Pena Moura en Aldemunde, o dolmen da Pontepedra (Cabaleiros)…

    Se precisas máis información, non o dubides

    Un saúdo

    Pd:Por certo, a ver cándo lle imos buscar outros ‘marcos’ por aí adiante

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *