
Nada hai máis fermoso, neste país cheo de lendas, que procurar saber a verdade que está tras elas. Así pasa con esta curiosa cova que asorella preto de Verín. Os amigos Miguel Losada e Rafa Quintía -non sei se alguén máis- fixeron escalada ata esta cova para tentar aclarar as lendas sobre este lugar. Estas historias -e a aventura- cóntaas Rafa Quintía no seu blog Á sombra de Bouza Panda. Moi recomendable.

A cousa foi tal como a conta o Rafa Quintía. Aló estabamos, xunto co Lukas Santiago que coñeceredes polo asunto do espazosetecamiños, no rol de “escalador home sen medo” e do Peter GLoss no de “o retratista”
A aventura das “abellas rabiosas”[Sic] é certa. Un estrano caso de xustiza poética, xa que fomos expulsados dun entorno paleocristian polas ánimas/abellas que inda lla teñen xurada ó mesmo Sansón.
Lembrai se non a Taboada connection do M. Gago http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/10/09/unha-cruz-ben-estrana-nunha-igrexa-romanica/
Así tal, quen sabe o que haberá na cova.(Habemos voltar) Na entrada vimos unha cruz fondamente gravada e pode que un crismón.
Por riba da espenunca dous lacus e pode que mais cousas.
Xa me parecía a min Lukas!