A xente do Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo publicou un vídeo cos resultados da escavación da primeira semana, que están levando a cabo a petición do Concello de Allariz, no posible santuario rupestre de Armea. Neste vídeo, o director da escavación, Adolfo Fernández, explica que é o que se vai atopando. Aínda que os resultados son de díficil interpretración, o que vemos é un conxunto ben complexo de estruturas nos tres socalcos do recinto que son máis raros que o demo. Aparecen cerámicas de época altoimperial e de factura indíxena -polo que me comentaron telefonicamente- que veñen arrastradas, se cadra desde os recintos superiores. Aparecen máis canalóns, pías. Todo algo raro, pero apaixonante, e de difícil interpretación, aínda que cun carácter, como se pode ben no vídeo, monumental e se cadra vinculado -atención a isto- á circulación de auga ou líquidos. Especiamente interesante é ver o pavimento que aparece no recinto intermedio (o das fotos das dúas escadas laterais), o novo muro que parece pechar o recinto pola parte de embaixo e como vai quedando o conxunto completo.
Ao meu ver, a investigación está resultando moi interesante. Imos ver que dá de si esta segunda semana de escavación!

estanse a producir achádegos moi interesantes na galiza
é de agradecer a xenerosidade que amosades ao dalos a coñecer e o tempo que lle adicades a isa difusión
Asi dá ghroria…:)
Todo o vídeo e a panorámica final…
Parabéns e grazas á xente do Laboratorio de Arqueoloxía de Vigo polo seu xeito aberto e natural de enfoca-la difusión do patrimonio.
Un saúdo
Moitas gracias polas boas verbas. ;) Agardamos poder publicar en pouco a síntese da 2ªsemana…xa son moitas as novidades con respecto a este vídeo.
Como citábamos no noso Facebook ó celebrar @s 500 siareir@s: Arqueoloxía dende tod@s e para tod@s. Unha aperta.
Martín (LAUV-GEAAT)
A ver se me achego esta semana por aí, Martín! Este xullo é terrible. :-(
Pasa cando queiras/poidas, en calquer momento serás benvido.
Unha aperta.
Martín (LAUV-GEAAT)
Sempre fun consciente do interés que xenera na xente os achádegos arqueolóxicos (é algo inherente á curiosidade humana), pero non sei por qué parece que os arqueólogos se empecinan en que só eles disfruten das investigacións arqueolóxicas, e ter a sartén da información polo mango, mantendo todo no asqueroso secretismo. Esa sensación de que todo o que nos contan é tan so unha mínima parte, tamizada de oficialidade (censura), e ademáis reseso, provocou en min un total desinterés pola arqueoloxía. Que eles o guisen e que eles o coman.
Este vídeo caseiro, sen trampa nin cartón, directo, fresco, e non reseso. Con gañas de divulgar. É maravilloso.
Esto abre a porta para que todas as excavacións arqueolóxicas que se realicen en Galicia teñan o seu propio blog divulgativo. Unha bitácora onde conten en riguroso directo o que vai aparecendo e achegar o maravilloso mundo da arqueoloxía á xente, sobre todo ós veciños. Con internet a xente sabe máis e quere saber máis. Aínda que non o creades para mín foi maravilloso ver un anaco de terra sigillata nunha foto dun blog (algo común entre os arqueólogos). Non sabía nin o que era. E busquei en google.
Realmente exemplar.
Eu estou convencido de que é unha tendencia que vai ir en aumento. A divulgación, a socialización do coñecemento, é parte do proceso científico.
Creo que pronto pasaré por allí cerca. Tal vez aparezca el horno de Santa Mariña por El espejo que huye.
Moitas gracias de novo polas boas verbas. Nós estamos convecidos de que este é o camiño, non só pola necesidade de tornar á sociedade a inversión que supón a investigación científica como apunta magago senón tamén, e índa que semelle contradictorio, pola propia protección dos xacementos arqueolóxicos.
Gracias de novo. Un saúdo.
Martín (LAUV-GEAAT)
Unha vez escoitei a un técnico de patrimonio histórico dun concello galego dicir que a mellor protección para o patrimonio son as silvas e o exército. Desgraciado e desafortunado comentario dun pailán inculto que está no posto incorrecto. Bitácoras coma esta e videos divulgativos como o que mostrades deste xacemento son as bases para unha protección real do noso patrimonio: Educación, educación e educación. Impresionante. Gracias por todo e seguide así.