O secreto de Kells: a fantasía do imaxinario irlandés (e galego)

Vimos marabillados estes días (grazas, Ulmo de Arxila!) esta película de animación irlandesa e canadense: O secreto de Kells. É unha auténtica marabilla. A acción sitúase no mosteiro irlandés de Kells, no contexto dos primeiros ataques vikingos a Irlanda. A Kells chegará un monxe da illa de Iona, traendo con el un marabilloso tesouro inacabado: o famoso libro de Kells, unha xoia da arte irlandesa. Todo isto, por certo, son feitos históricos, pero o filme vai máis alá. A estética de O secreto de Kells recrearase nos trazos e nas visións do Libro, xogará cos planos, converterá o filme en libro ilustrado, introducirá o universo mitolóxico irlandés. Nin que dicir tamén que é como unha serie das Repúblicas de Homes Libres, pero para nenos.

Case está de máis dicir a realidade: que a esa película lle cambiaban os nomes e podería ter estado ambientada en Galicia, ata cando soñan con petróglifos ou a mouriña voa polos penedos. Se tes un neno pequeno, esta é das películas que nunca esquencerá, a película sobre o imaxinario medieval que te gustaría que fixeran en Galicia, chea de sensibilidade. Non podería recomendar cousa mellor.

9 Comments

  1. Balbi
    21 / Abril/ 2011

    Concordo plenamente. A TVGalega (é un decir…) debería mercala, traducila e emitila todos os anos!

  2. Gallaecian Mist
    21 / Abril/ 2011

    Se algúns día conseguimos que poñan as tv´s portuguesas na TDT galega, teremos que pedir qu nos poñan a TG4 irlandesa.

    Falando de cinema Galiza e Gaels, non vos perdades esta: http://www.youtube.com/watch?v=MG7rBJNhbC8&feature=related

    A todo isto, The Secret of Kells estivo nominada aos oscar coma mellor longa de animación no 2010, e merecía ter gañado.

  3. 21 / Abril/ 2011

    Gallaecian Mist, non coñezo esa que vinculas pero xa che adianto que non tardará en caer.

    Balbi, tamén se lle pode comentar á TVG. Non vexo por que non a podería emitir no Nadal próximo. Heilles mandar un mail (e non, non son un inxenuo, creo que ás veces as cousas se poden conseguir de xeito sinxelo).

  4. Gallaecian Mist
    23 / Abril/ 2011

    Manuel, sei dun piratiña que fixo copias da peli con subtitulos en galego (para o 90 e pico % en gaélico) e en castelán (para o restante en inglés). Hai que ter en conta que, até onde eu sei, Seachd nunca foi distribuida no mercado español nin emitida nas salas comerciais de cinema deste estado, polo que creo que é medio pecado.

    Xa falarei co pirata ;)

  5. 24 / Abril/ 2011

    O teu amigo piratiña é ben espabilado. :-)

  6. 24 / Abril/ 2011

    Boa tarde. Alegro-me bem de que gostasses desta maravilha! Ainda que, para bem ser, haveria que vê-la umhas três ou quatro vezes para aprezar todos os seus detalhes estéticos, porque a animaçom, para além de fantástica, é complexa de caralho… E sobra dizer que a banda sonora, ejecutada por esses tolos entranháveis que som os Kíla, também ajuda muito!

  7. 21 / Novembro/ 2011

    Que bonita e que ben escrita! David, dálle os meus parabéns a Sonia por tan bo traballo. Creo que captou con precisión e emoción a esencia do filme.

    Unha aperta desde Quito.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *