A Fundación Seoane, antes da conferencia
Non sempre ten un conferenciante a oportunidade de disertar nun lugar tan fermoso, nin que encaixe, de xeito paralelo, co que un mesmo busca. Seoane veuno claro no seu momento: recuperar a nosa Historia, pero desde unha perspectiva moderna. Crear un sentido para a Historia, incorporar ás personaxes ao espacio actual, facer arte do pasado, desde o presente. Por iso, falar na Fundación Seoane da Coruña, fronte ao mar, a moi pouca distancia do lugar no que se produciu o primeiro contacto das vagas normandas cos galegos, tiña un sentido moi especial.
Foi para min un pracer contar as historias das Repúblicas de Homes Libres para o numeroso público que nos acompañou; non sempre se pode disertar durante hora e media sen que practicamente ninguén se levante. Estou tendo moita sorte nesta xira das Repúblicas polo país, igual que hai dúas semanas en Foz, onde tamén foi un gustazo falar. Só lles quero agradecer a todos a súa paciencia e amabilidade en aturar o meu discurso, e tamén a Pancho e a Suso, da Asociación de Amigos do Museo Arqueolóxico de San Antón, o convidarme e facerme sentir tan cómodo. O dito, moitas grazas! Para min foi máxico.

Manuel, graciñas a ti por vires e facernos pasar unha hora e media tan agradable. E xa viches que dalí practicamente non se moveu unha pluma, do enganchados que tiñas ós numerosos asistentes, sobre todo a aqueles que non coñecían nada do tema, que deso se trata tamén, ir abrindo esa (e outras) parte da historia e o patrimonio a máis grupos da sociedade.
E en canto á Fundación Luis Seoane, hailles que agradecer as facilidades que nos deron en todo momento, tanto dende a dirección como os traballadores que esperaron ata que rematamos. Éche un edificio que me gusta moito, funcional, aberto ó entorno e aproveitando as partes antigas que se podían enxergar no edifio. E con exposicións interesantes, como unha sobre George Pérec que remantou hai quince días. E o auditorio minimalista, interesantísimo con eses bancos móviles que poden crear distintos espacios.
Mágoa de cámara dixital para gravar a conferencia. Será para a próxima que des, cando a investigación vaia medrando e madurando.
Saúdos.
Hora e media! pensei que so fora media hora. Rapido pasou o tempo entretidos seguindo as tuas aventuras e a nosa historia. Foi maxico si, no Golfo Artabro xa se sabe, por unha razon ou por outra case todo e maxico. Moitas grazas polo teu relato e animos pra seguir adiante.
Concordo con Fernando, cando unha conferencia é interesante, apaixoante, necesaria e está ben contada o tempo voa. Parabéns outra vez!
Ola Manuel, a foto que acompaña ó post é ben fermosa. Como a sacaches?
Grazas a ti pola conferencia.
Por certo, ao falares da relación mosteiro-castelo viñéronme á cabeza Mosteirón (unha das parroquias de Sada) e os lugares de Castelo (parroquia de Osedo) e Castelo (parroquia de Oleiros), todos eles moi próximos entre si. Os dous Castelos están en sitios altos, a cadanseu lado da divisoria de augas da península das Mariñas, entre a ría da Coruña e a de Betanzos.
Ao seren zonas habitadas e non termos por aquí afloramentos rochosos, dubido que poida haber restos de ningún tipo, iso si.
Ademais, e aínda que resulte confuso, pregúntome se todo isto terá que ver co mosteiro de Mondego de que falaches: a parroquia de Mondego (Sada), é limítrofe da de Mosteirón, e como non coñezo ningún Mondego na zona de Ferrol pregúntome se podería ser este o que dependía de Xuvia.
Desculpa a chapa. :-)
Saúdos
Pois cun iPhone 4 e unha estupenda aplicación gratuita que lle podes incorporar, o Instagram. :-)
De chapa ningunha. Que estean ubicados na divisoria de augas é moi interesante. Con respecto á visibilidade dos restos, todo pode ser. Ás veces os castelos parecen designar realidades bastante pequenas, en forma de motas que moitas veces foron moi desmanteladas para facer terra, pero xa sabes o que expliquei a conferencia. Temos que buscalos con outros ollos. :-)
Quédome cos datos que me pasas.
Un pracer escoitar a tua conferencia na Coruña.
Centrandome nunha das moitas epocas nas que poideron empregarse eses castelos, as prolongadas incursions dos homes do norte e a posible convivencia dos normandos coas xentes de Galicia, danos algunhas pistas o profesor Staffan Morling e a sua obra “As embarcacions tradicionais de Galicia”. do estreitas que poideron chegar a ser. Tamen e interesante a “Gallaecia Scandinavica” de Vicente Almazan.
Sempre pensei que se algun dia fixeran estudos de ADN nalgunhas zonas da costa da morte somprenderianos o que se pode agochar.
Na Pastoriza atopase un toponimo misterioso “Os Zarros de Lordeman”.
Saudos.
Vilaselle, ¿en cal Pastoriza?. ¿A parroquia de Arteixo, o concello do norte de Lugo, outro?.
Na Pastoriza de Lugo. Podes atopalo na páxina da toponimia da Xunta
Vaia ca Pastoriza. Entre Bretoñas e britón, e “Zarros de Lordeman” e lordomanos, normandos e viquingos, ¡¡teñen moito que cardar alí!!.
Graciñas.
Vilaselle, interesantísima pescuda, a ver cando temos ocasión de que me contes máis tomando polbo á feira no “Fiuza”, na Coruña
Saúdos