Repúblicas de Homes Libres: conferencia na Fundación Seoane (A Coruña), o 4 de marzo

Pois este febreiro é un mes ben arqueolóxico! Convidado pola Asociación de Amigos do Museo Arqueolóxico de San Antón da Coruña, o 4 de marzo, venres, ás 20 horas, no auditorio da Fundación Luís Seoane (San Francisco s/n), impartirei unha conferencia sobre as Repúblicas de Homes Libres. O acceso é libre para quen queira vir. Nesta ocasión incidirei especialmente nas relacións entre estas fortalezas e o mar, especialmente na área da Costa da Morte pero tamén no interior das terras de Soneira, Xallas e Bergantiños.

12 Comentarios

  1. Pancho-lapatianco
    25 / Febreiro/ 2011

    Para aqueles que queiran asistir e non saiban onde está xusto a Fundación Luis Seoane, dicirlles que se atopa na Cidade Vella, a carón do antigo Hospital Militar, cerquiña dos xardíns de San Carlos e a un paso do Castelo de San Antón.

    http://www.luisseoanefund.org/fundacionls/gl/comochegar

    Graciñas Manuel.

  2. candepalleiro
    25 / Febreiro/ 2011

    Qué mellor marco para iste evento que o soar da vella Brigantium romana, territorio de Faro,no porto que tamén veu chegar alén das ondas unha arrepiante flota viquinga…

  3. artabris
    26 / Febreiro/ 2011

    desexando ir! que non se me torza o plan…

  4. XOSE ROBERTO LAMAS PEREZ
    2 / Marzo/ 2011

    Un pracer seguirte Manuel

    Despois de bater en varios sitios (Ao pe do Lar), artigos (OSIMGA…), referencias de amigos…, por fin ato cabos e caio na conta de quen “ves sendo”.

    Animarte a seguir coa xeira que levas, de certo ben interesante, e máis adiante che falaréi dalgunhas pegadas do pasado pola miña terra (Gosende- Rodís, en Cerceda).

    Por certo, xa que non sei se poderéi asistir á conferencia do venres na Luis Seoane (ando por Vigo), rogaría me comentaras se vas andar por estes lares en breve.

    Unha aperta e a miña máis sinceira noraboa pola túa achega.

    R. Lamas

  5. 2 / Marzo/ 2011

    Grazas, Roberto! É doado saber quen veño sendo. :-)

    Entendo que te refires se andarei por Vigo. Si, hai prevista unha mesa redonda en maio en Mos, pero só falarei dunha área moi concreta das Repúblicas de Homes Libres, e pouquiño tempo, que somos catro ou cinco na mesa. :-) Se me chama algunha asociación cultural máis da zona eu irei encantado.

  6. SergioLousame
    3 / Marzo/ 2011

    Alí estarei, xa tiña ganas de ir a algunha conferencia tua.

    Por certo, tesme en ascuas co dos posibles restos de Corentia.

    Saudos

  7. 3 / Marzo/ 2011

    Eu tamén estou en ascuas. Xa che adianto que pode haber máis cousas nas proximidades. E que apareceu unha interesante pedra convertida nun dintel dunha casa. Grazas por ires á conferencia!

  8. Luis
    4 / Marzo/ 2011

    Un coruñés no exilio que non vai poder ir…
    Cabe a posibilidade de colgar o vídeo como fas con outras conferencias túas?

  9. SergioLousame
    5 / Marzo/ 2011

    Disfrutei moito Manuel,

    moitas gracias por achegarte polo norte,
    por certo, teño algúns capítulos dun programa
    da televisión britanica que se chama Time Team,
    non sei se o coñeces.
    Se che interesa xa sabes.

    Saudos

  10. Anónimo
    5 / Marzo/ 2011

    Gustoume, por fin me enterei de onde vén este interese teu polos Lordomani! e de onde os quitaches que me tiña en ascuas!.

    Encantaríame ler máis de vagar os textos que nos puxeches na conferencia, é posible que os colgues ou que deas as referencias?.

    E como non, cada vez que abra un mapa dunha zona hei tentar ver se dou con esas relacións toponímicas dos “castelos”. Ah! tes algunha relación feita ou pensada entre castelo/parroquia?, non sei se alguén cho preguntou na conferencia porque esa parte non fun quen de escoitala! para a próxima levo o “sonotone”.

    O dito encantada!

  11. 5 / Marzo/ 2011

    Moitas grazas!

    Luis, non gravei, non. Mágoa que non puideras vir!

    Sergio, coñezo ben a serie do Time Team. De feito, estou preparando un post sobre cousas desas. É unha marabilla.

    Mónica, grazas a ti por vires. Eu non atopei por agora unha relación evidente entre castelo e parroquia, habería que miralo en detalle. Pero sospeito que non debe haber un vínculo demasiado directo en moitos casos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *