As Repúblicas de Homes Libres: conferencia en Foz o 18 de febreiro


O castelo de Vilacampa, no Valadouro. Foto: Manuel Miranda

O vindeiro venres, 18 de febreiro, ás 20:30 h. impartirei a conferencia: Repúblicas de Homes Libres: o territorio como defensa entre o Imperio Romano e a Alta Idade Media. Será na Casa da Cultura de Foz, e está organizado por dúas dinámicas asociacións culturais da Mariña luguesa: Mariña Patrimonio e Pomba de Arco. Repasaremos a historia das Repúblicas de Homes Libres, introducindo elementos novos, aínda non publicados na serie, cos que levamos traballando algún tempo e que amplían a nosa visión de fenómenos coma os ataques normandos a Galicia. Tamén prestaremos unha especial atención á propia Mariña luguesa, auténtica liña vermella durante estas épocas. Como podedes ver nesta espectacular foto de Manuel Miranda sobre o castelo de Vilacampa, no Valadouro, a cousa promete.

7 Comentarios

  1. 9 / Febreiro/ 2011

    Como mola, intentarei ir, quédame preto…o Castelo aínda máis aínda que na foto vese case Machu Picchu!

  2. Xosé María
    9 / Febreiro/ 2011

    Concretamente a foto é do concello de Vilcabamba ;-D iste Manuel cando se pon a andar non repara en regos de auga atlánticos… talmente de Bilbao!

  3. 9 / Febreiro/ 2011

    Roi, será un pracer saudarche en persoa!

    Xosé, teño a sensación de que para Miranda o toxo non é unha opción. ;-)

  4. 10 / Febreiro/ 2011

    Ai! Vas para a miña terra. Que mágoa que me toca ficar en Madrid coa súa semana da moda! Cousas do oficio.

    :)

  5. María C
    14 / Febreiro/ 2011

    Vilacampa non é un concello….é unha parroquia.Saúdos

  6. 15 / Febreiro/ 2011

    María, fíxate ben, refírese a Vilcabamba, a cidade perdida dos incas… pero xa sabe que os chistes, se se explican… ;-)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *