Repúblicas de Homes Libres: recuncamos coa conferencia o 17 de setembro en Pontevedra

O dito. O venres, 17 de setembro, de 20 a 21 horas, impartiremos a conferencia Repúblicas de Homes Libres: fortificacións e atalaias entre o final do Imperio Romano e a Alta Idade Media. Será no Café Moderno (Fundación Caixa Galicia), dentro do ciclo de charlas coas que o equipo de investigación de A Lanzada transmitirá na cidade a época e os achados deste verán.

Quen xa teña ido á conferencia en Noalla (Sanxenxo) ou visto o vídeo, atopará nesta charla de Pontevedra moitos puntos en común coa anterior, pero non todos. En Pontevedra faremos máis fincapé na época tardorromana e falaremos de interesantes fortificacións próximas á cidade, achegando algúns datos e puntos de vista novos con respecto á anterior, motivados en certo xeito pola análise de xacementos da mesma época durante a miña recente viaxe a Sicilia.

5 Comentarios

  1. Fran
    4 / Setembro/ 2010

    Bos días e parabéns pola serie. Sería de proveito para os que non podemos asistir ás charlas que colgases en algún lado ó arquivo da presentación porque nos vídeos non se ve nadiña. Grazas.

  2. 4 / Setembro/ 2010

    Recuncaremos.

  3. 4 / Setembro/ 2010

    Tentarei ir.
    Por certo, Don Manuel, xa que andará por Pontevedra, vaia algún día polo Castelo de Cedofeita, dominando as marismas de Alba, a carón do Lérez. Non hai que pisar moito toxo. Eu fun hai xa unha chea de anos, e lembro cousas interesantes. Mesmo un paisano me contou unha historia dunha moura engadadora.

  4. 5 / Setembro/ 2010

    Eu dígoche o mesmo que O’Padín, que te achegues se podes ata o que queda das ruinas do castelo de Cedofeita, hai cousa dun mes fun por alí, e tan só custa un pouco chegar ata alí na última parte, xusto ao carón do castelo. Eu irei encantado a escoitar a conferencia. Un saúdo

  5. 5 / Setembro/ 2010

    Teño que ir, teño que ir. Estou estes días percorrendo a área de Pontevedra para engadir algúns elementos personalizados para a conferencia. Ía ir onte pero complicousenos tanto un castelo en Tenorio que non nos deu tempo a pasar por aló.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *