A dura investigación

Nada nos pode botar atrás na localización dos recintos e dos escenarios da República de Homes Libres. Estamos preparando o IV (ou V) episodio de Na procura dos Lordomani. Cunha calor abafante, co monte cheo de mosquitos, feraz e espeso coa humidade e a calor, ás veces atopámonos xunglas que valerían para unha novela de Conrad. Pero hai que pisar os sitios para saber a verdade. E aquí atopamos un anaco da verdade que estabamos a buscar.

6 Comentarios

  1. xoseramón
    12 / Xullo/ 2010

    E non vos sería melhor levar un foucinhinho, hom ? ;-)
    O meu pai, de 70, sempre me advirte de levar un foucinho cando vou ao monte (for de trabalho ou for de paseo), porque “nunca sabes se che vai facer falta”. O meu pai en algumas cousas coido que tem razóm.
    De resto, moi interesantes as caminhadas e o seu post para que tod@s as vexamos.
    Saúde.

  2. 12 / Xullo/ 2010

    Todo o mundo nolo di, Xosé Ramón, a miña avoa sempre andaba tamén con el pero os fouciños teñen un problema: o noso ritmo. Nos farían avanzar lentamente. Ten en conta que sempre andamos moi liados e agora, por exemplo, no verán, imos a estes sitios nos seráns, a contrarreloxo contra o sol. Preferimos rabuñar algo as pernas.

    Grazas!

  3. Antón
    12 / Xullo/ 2010

    rabuñeira de toxeira con gosto non proe(tanto)!:)
    saúdos

  4. 13 / Xullo/ 2010

    Boto a menos que non rillase un par de bichos e algunha planta ó máis puro estilo Bear Grylls: ¡un pouco de gastronomía mentras un fai arqueoloxía!

  5. artabris
    19 / Xullo/ 2010

    ooo… e aínda menos mal que son só fieitos, chegan a ser toxo… eu estou por facerme cun deses machetes que sacan nas pelis de selvas tropicais! por certo cun gavilliño neses fieitos logo vos abriades camiño, ho! malia que hoxe en día os nosos montes só se vexan limpos en 2 circunstancias (a cal peor) ben por un incendio…ou porque pasen por el os inefables madereiros que os deixan para o arrastre.

  6. 19 / Xullo/ 2010

    Artabris, conta con que habitualmente só dispoñemos de 30 ou 40 minutos antes de que se poña o Sol. Non te podes imaxinar como nos organizamos para conseguir facer isto.

    O fouciño era para alguén que tiña toda a tarde para pasear polo monte. Nós temos un instante. :-)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *