Última actualización o 2 / Xullo/ 2010
De acordo con algunhas fontes do XVII que recollían unha antiquísima tradición local gardada na que foi unha das súas capitais, Lugo, o Reino Suevo de Galicia tivo como estandarte e bandeira un Dragón Verde e outro Vermello. E un deses dragóns tamén aparece na imaxe corporativa dunha excelente iniciativa, o I Congreso Internacional sobre o Reino Suevo de Galicia. Celebrarase en Pontevedra entre 4 e o 9 de outubro deste ano O sitio web oficial tamén contén unha ligazón a unha interesante colección de fontes orixinais que nos contan a historia deste reino tan descoñecido e clave, ao mesmo tempo, na Historia de Europa Occidental, xa que foi o primeiro reino que se formaliza trala caída do Imperio Romano. Será un estupendo momento para profundizar e aprender sobre a época na que suceden moitos dos feitos das Repúblicas de Homes Libres. Grazas, Padín!

Grazas a vostede, caro compañeiro de andainas arqueolóxicas. Agardo miralo por alí, e compartir non só saberes antigos, senón tamén un viño.
En canto ao da imaxe corporativa, coñecía esa iniciativa da “bandeira” sueva. Como iniciativa ten o seu mérito, pero o resultado estético é (con todos os meus respetos) un pouco friki. Un león leonés gótico con pantalón de lolailo bailando rumba cun dragón galés rampante sobre fondo de camisola canarinha non é veraz, nin verosímil. O dragón suevo debeu ser máis ou menos coma este:
http://www.fectio.org.uk/articles/draco.htm
E por aí foi que foron as musas.
Hic Sunt Dracones
Moi interesante, O’Padín, o do estandarte que indica a dirección do vento.
O dragón da imaxe corporativa do congreso -evento que me parece de especial interese, ademais dun necesario exercicio de dignidade colectiva-penso que ten máis que ver co que figura no escudo de Coímbra, xunto co león -os dous en dourado, en lugar de verde e vermello- e mailo cáliz do escudo galego actual, tamén de ouro. Por se fose pouco, tamén figura o distintivo dos primeiros cabaleiros galegos que participaron nas cruzadas e que fora o primeiro brasón de Portugal:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:CBR.png
Si, Padín, os estandartes do século VI habían ser coma eses, pero hoxendía non se han de vender tan ben. :-) Grazas polo apuntamento, Faragunde.
Resposta a O´Padín:
A Bandeira da Dinastía Real Sueva do Galliciense Regnum é unha bandeira moderna, deseñada a partir dunha referencia literaria do século XVII que describe cómo era o brasón ou armas dos reis suevos de Gallaecia. A escolla duns estandares gráficos para a reconstrucción desta bandeira non son foito do azar ou a casualidade, senón dun estudo razoado nesta ligazón http://www.bandeiragalega.com/reconstruccion_bandeira_gallaecia.htm#estandares
Un saudo