Last updated on 25 / Abril/ 2010

Os usos da realidade aumentada están medrando nos últimos meses, e pasando da banda experimental á investigación aplicada ou directamente, a novos produtos de consumo cultural. Podes ver exemplos anteriores en Capítulo Cero aquí e aquí.

Interfaz do xogo
Resulta curioso: son as grandes cadeas de entretemento educativo as que están poñendo en marcha experimentos promocionais que inclúen a realidade aumentada, igual que no seu momento -finais dos noventa, inicios da década presente- pasou con Flash. Big Catch é un dos exemplos máis curiosos que teño atopado. Tes que imprimir en cor o último anuncio desta serie documental sobre pescadores para facer aparecer sobre a pantalla e diante túa un pesqueiro co que tes que facer vinte capturas en vinte minutos.
O xogo é rudimentario de vez, pero hai que avalialo como un inicio. E como unha constatación das evidencias que o sistema ten aínda por se, como a dependencia da webcam, que fai que a xogabilidade sexa incómoda e dependente do monitor.
Pero outro exemplo que me resultou interesante é esta demo dun laboratorio xaponés cun libro de literatura infantil. A recreación 3D de escenas parece un complemento lóxico nun libro de imaxinación, que pode dar lugar a frutíferas e interesantísimas interaccións co texto e a ilustración.

O máis interesante é saber que estamos aínda ó comezo desta tecnoloxía, e que pode deparar traballos interesantísimos, e moi divertidos :)
Un par de exemplos, xa doutra índole, ben curiosos:
Probador de reloxos:
http://www.youtube.com/watch?v=NJ2N3oKobEg
E “tatuaxes aumentados” (apto só para frikies) :)
http://www.youtube.com/watch?v=6XSB70J6a98