A realidade aumentada: sinxelos exemplos para experimentar

Last updated on 26 / Outubro/ 2009

Concepto de realidade aumentada. Foto: Leonard Low

Estou interesadísimo na realidade aumentada como concepto. Para quen non a coñezades, resúmese no seguinte: a fusión na pantalla do ordenador unha realidade aumentada e outra física, permitindo en certo xeito a interacción entre os dous mundos. É unha tecnoloxía relativamente sinxela de desenvolver e cunhas potencialidades de aplicación comercial, educativas ou informativas impresionantes. Xa teño desenvolvido algúns prototipos de cousas (a ver se nuns meses vedes algunha cousa con forma). Para a narrativa dixital, significa poder explorar direccións narrativas dixitais novas e fascinantes con aplicacións para segmentos de público moi distintos.

No interior do post hai algúns exemplos con aplicacións tanxibles ben interesantes.

1. Simulación tridimensional do contido dun produto, como as caixas de xoguetes LEGO.

2. Interacción con infografías de prensa / magazines

Aquí vemos un exemplo co xornal brasileiro O Estado de São Paulo:

E outro con Popular Science:

3. Con tarxetas de negocios

4. Videoxogos de taboleiro

Ou mesmo maxia!

As posibilidades son infinitas. Especificamente, aplicadas á telefonía móbil son especialmente interesantes. Pero desas falaremos outro día.

4 Comments

  1. 26 / Outubro/ 2009

    Grazas polas ligazóns, María!

  2. 27 / Outubro/ 2009

    Interesante exemplo, estrelaselimons.

    Todas estas cousas acabarán sendo o agasallo estrela dun Nadal. :-)

    M.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *